Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Culturgal 2017 (Pontevedra)
PROGRAMA MUSICAL:

Venres 1 de decembro

18h30 — 19h00 Matrioskas. Charlatana S. Coop. Galega. (Espazo carpa)
Dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres. Coa contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira.

19h30 — 20h00 Presentación do disco Son da memoria, de Seso Durán. Inquedanzas Sonoras (Espazo carpa)
Con Seso Durán, guitarras e voz, Charlie Bautista, guitarras, Victor Castro, baixo, e Franc Gorriz, batería.

20h30 — 21h00 Atrás tigre
Con Olalla Cociña, voz e teclado, Xiana Arias, voz e baixo, Pedro Solla, voz e guitarra, e Antón Blanco, batería. Triunvirato Axencia Musical.

Sábado 2 de decembro

12h30 — 13h00 O Carballiño vivo. OZOCOgz (Espazo carpa)
Con Eladino Cabanelas, Roberto Sobrado (cantautor), 4Mal Quartet Jazz.

13h30 — 14h00 DOUS. Presentación do disco A viaxe de Yoyo. (Espazo carpa)
Con Fernando Abreu, clarinete, e Pablo Carrera, cordas.

13h30 — 14h00 Concerto PunkInfantil. Charlatana S. Coop. Galega.
Con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas.

16h30 — 17h00 María Fumaça. Presentación 5º ANIVERSARIO. Galaxia. Sonárbore.

17h15 — 18h00 Grupo de Fados ISE.IPP. (Espazo carpa)
Desde Porto, dous cantores acompañados de guitarras clásica e portuguesa. Portugal na Culturgal.

18h30 — 19h00 Conversa con Ledicia Costas ao redor de A señorita Bubble. Xerais. (Espazo libro)

19h30 — 20h00 Herdeiras. Presentación do libro-CD. Inquedanzas Sonoras.

19h30 — 20h00 Coro Encaixe en directo. Fds Producións.

19h45 — 20h15 Gombó. Edicións Fervenza.

20h30 — 21h00 Banda Crebinsky. Presentación do disco Zircus Affe.
Con Pablo Perez, contrabaixo, Sergio Zearreta, voz, Pablo Carrera, guitarra e voz, Xacobe Lamas, violín, e Enrique Otero, teclados e voz.

21h30 — 23h30 Andrea Pousa presenta o disco “Respirar”. Nalgures Producións.
AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA. Espectáculo de pago. Entradas en ataquilla.com

Domingo 3 de decembro

11h15 — 11h45 Elefante Elegante. Concerto Lisboa. Presentación disco Àr.
Con Gonçalo Guerreiro, guitarra e voz, Antonio Romero, contrabaixo, Rosalía Vázquez, violonchelo, Richi Casás, saxos e trompeta, e Iago Blanco, batería e percusión.

12h00 — 13h30 Eu cociño, ti cociñas? Mamá Cabra en concerto. Galaxia. Sonárbore.

12h30 — 13h00 Presentación da plaquette O gran rexeitamento. Flores para Albert Ayler de Daniel Salgado en formato musical con Alexandre Losada & Luís Garrido. Apiario.

13h30 — 14h00 Espectáculo do Pauliteiros de Miranda.

16h30 — 17h00 Pitusa Semifusa e os estilos musicais. Presentación do libro-disco con Olga Brañas e Xiana Lastra. Galaxia. Sonárbore.
Presentación de disco. Olga Brañas (piano), Andrea Picos (voz e animación), Marta Bravo (voz), Brais Morán (voz, guitarra), Pablo Vidal (baixo e contrabaixo) e Carliños Freire (batería) explicarán os diferentes estilos musicais, cun espectáculo divertido e participativo.

17h00 — 17h30 Pequeno Cabaret Infantil. Con Nelson Quinteiro.

17h30 — 18h00 Argonat Band.
Rock and roll e pop da man de seis acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrico e batería facendo versións dos clásicos. Alumnos e alumnas da Escola de Música de Torroso en Mos dirixidos por Juan Bande.

18h00 — 18h30 Papi e mami. Fantasía coas palabras. Presentación de libro-disco. Galaxia. Sonárbore.

18h30 — 19h00 Bailando as rúas. Presentación do disco de A banda da Loba. Seispés Producións Creativas.
Con Xiana Lastra, cantante, Estela Rodríguez, violín, Marcela Porto, percusión, Inés Mirás, guitarra, baixo e piano, e Andrea Porto, baixo e guitarra.

19h00 — 19h30 Radio BULEBULE. Kalandraka Editora. Presentación de libro disco co músico Paco Nogueiras e as intervencións de José Miguel Sagüillo, artista e director dos videoclips, David Pintor, ilustrador, e Xurxo Souto.

19h30 — 20h00 Alann Bique. Musicarte.
Con Patricia Túñez Gómez, violín, Martín Sampedro Rañó, percusión e frautas, Juan Manuel Varela Louro, baixo, e Carolina Borja Conde, gaita, guitarra.


Ver Programa completo do Culturgal 2017
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-11-2017 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer