Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIII Certame Folk de Radio Obradoiro |
|
O escenario do Teatro Principal acolle o venres, 11 de maio, a final do VIII Certame Folk Radio Obradoiro. Tras pecharse o prazo de entrega de maquetas, e ante as máis de vinte presentadas ó concurso, a organización seleccionou catro, seguindo criterios estritos de calidade musical.
Finalmente, as agrupacións que competirán polo primeiro premio, que consiste na gravación dun disco, son: Ghaita Depedra, Lúa D"Fouce, Pradairo e Xanzá.
Todos eles interpretarán tres pezas, polo menos dúas de composición propia. Será un xurado formado por cinco persoas relacionadas co mundo do folk o que decida quen é merecedor do máximo galardón.
Ghaita Depedra é un grupo que chega dende Lugo. Está formado por José Varela (violín e zanfoña), Luis Rodil (frauta e gaita galega), Xavi Fernández (guitarra e bouzouki), Lourdes Armesto (voz, pandeireta) e Pablo Condo (bodhran e outras percusións). Nacidos no ano 2001, actuaron xa en numerosos puntos da xeografía galega e posúen unha páxina web, a consultar no enderezo www.ghaitadepedra.com.
Pola súa banda, Lúa D"Fouce, dende a capital galega, está integado por José María Barbado, María Aránzazu Alfaya, Jara Ortiz e Marcos Luis Varela. O grupo ten só un ano de vida, e aínda que deu os seus primeiros pasos como dúo, agora preséntanse como un cuarteto. Os instrumentos que empregan os compoñentes son voz, acordeón, gaita, guitarra acústica, percusión e percusión tradicional.
En canto a Pradairo, igual cós anteriores, tamén nacen ó longo do ano pasado. Proceden de Teo e teñen dez compoñentes. Son Ana Belén Ferreira (pandeireta e voz), María Alejandra Golán (pandeireta e voz), María de los Ángeles Ferreira (pandeireta e voz), María Elena Ferreira (pandeireta e voz), Nuria Golán (pandeireta e voz), Carlos Mosquera (gaita e voz), Esteban Lamas (acordeón e voz), José Antonio Ferreira (gaita e voz), Ricardo González (percusións) e Roberto Rama (saxo e voz).
Xanzá, o cuarto dos finalistas, naceu en outubro de 2003 en Sarria, Lugo, coa intención de potenciar a música tradicional galega. Os seus integrantes son David Páez (gaita, frauta e pandeireta), Jorge Aira (guitarra), Carmen López (acordeón e piano), Alejo Pacín (violín, gaita acompañante), Tania Balboa (oboe), José Antonio López (piano e trompeta), Julio Villanueva (bombo, bombardino) e Ismael García (tamboril, charrasco, carrañolas, djembé/darbouka).
O gañador do primeiro premio sumarase á lista dos que xa o fixeron nas sete edicións anteriores: Alfolíes (2000), Quempallou (2001), Roi Xordo (2002), Grodan Defló (2003), Xochilmica (2004), Arrás!! (2005) e Dani Bellón e Diego Maceiras (2006).
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|