Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quedada para Record Guinness de gaiteir@s en Olas (Mesía)
Boas xentiña!! En primeiro lugar queremos agradecervos a aceptación e difusión que está tendo este reto, sen vós non sería posible! Queremos intentar que o próximo 17 de xuño Galicia faga historia co maior número de persoas tocando a gaita ó mesmo tempo, e para iso teremos que superar a Bulgaria, último país en conseguilo con 333 gaiteir@s!

Os galegos e galegas coa gran tradición que temos deberiamos conseguir estar no libro Guinness... e demostrarlle ós búlgaros que de gaitas entendemos abondo! Por iso agradecemos que invitedes e compartades este evento con amizades, familia e coñecidos para que quen estea interesado en participar que contacte (chamando ou por whatsapp) a un destes números: 679706389, ou 658491792! #GaliciavsBulgaria #buscamosgaiteiras#buscamosgaiteiros

O lugar sería na Carballeira de San Antón de Olas (Mesía)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2017 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer