Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Milesios en Castro de Rei
O próximo sábado día 17 de xuño, Os Milesios presentan o seu libro-CD indoevindo na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea (Lugo). O acto conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei.

Nesta ocasión, Daniel Díaz Trigo, autor do libro, e os Milesios estarán acompañados polos amigos do grupo local Gaia Pandeiretereirxs.

Milesios é un grupo de música folk que pretende recoller e re-interpretar a música tradicional galega e irlandesa na idea de que foron os galegos de hai miles de anos os que levaron a Irlanda a nosa cultura, que evolucionou de xeito paralelo. Xa son sete os anos que leva Milesios viaxando polos escenarios de toda Galiza, compartindo cartaz con grupos como Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque, por citar só alguns deles.
Mais non só son coñecidos en Galiza. No ano 2015 foron premiados no III Certamen "Folk en la Sierra - FIS 2012", ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.
Os músicos de Milesios son:
Maite Veiga: voz, percusións, baixo.
Marta Portela: voz, pandeireta, e outras percusións.
Manuel Mª Veiga: bouzouki, mandolina, frautas, clarinete, gaita, acordeón, guitarra,baixo.
Manuel do Moucheiro: guitarra, bodhrán.
Noelia Fersán: gaitas, frautas, percusións.
Paula Veiga: violín, mandolina.
Senén Montero: acordeón, tamboril, batería, bodhrán, gadaña e outras percusións.

O concerto comezará ás oito da tarde e a entrada é de balde. Non faltedes!!!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2017 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer