Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiros de Técnicas de gaita e de Canto tradicional (Maneo) en Cervantes e begonte

Jose Manuel López (Josele) e Roberto Rodríguez serán os encargados de impartir estos obradoiros que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en Doiras (Cervantes) e en Pacios (Begonte) respectivamente.

A Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade, realiza dúas novas actividades formativas relacionadas coa gaita e co canto tradicional en Cervantes e Begonte, e que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño de 2017 respectivamente . Estos obradoiros, que serán de balde para os asistentes previa inscrición, contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretenden achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada tanto na cidade de Lugo como no resto de comarcas da provincia.

Jose Manuel López (Josele) será o encargado de impartir este obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación “Os Xardois”, no que se traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio. O Obradoiro terá lugar no colexio de Doiras (Cervantes) en horario de 10.30 horas a 13.00 horas.

Ao día seguinte, en horario de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, será Roberto Rodríguez o encargado de achegar ata Pacios 85 (Begonte) un obradorio de canto tradicional. Neste obradoiro que conta coa colaboración da Asoc. Cultural “Castiñeiro Milenario” traballaranse distintas técnicas e distinto repertorio de maneo.

Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas).

Esperámosvos!
www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-06-2017 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer