Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro sobre Musescore en Lugo
Este obradoiro, que será de balde para os asistentes previa inscrición, conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.

O domingo 11 de xuño, en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, será Mª Carmen Saborido (Menchu) a encargada de impartir un obradorio sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre)

Este obradoiro está dirixido a tod@s aqueles que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.

Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.

Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 05-06-2017 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer