Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de zanfona en Ribadeo
Este obradoiro, que será de balde para os asistentes previa inscrición, conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.

Daniel Carballo (Maka) será o encargado de guiar o obradoiro de zanfona, que terá lugar en Ribadeo o sábado día 10 de xuño en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas e que conta coa colaboración da Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo.
Neste obradoiro amosarase a historia da zanfona tradicional en Galicia, veranse distintos aspectos de afinación, regraxe e dixitación e traballaranse distintas escalas musicais que se porán en práctica con repertorio como cantos de cego e romances tradicionais.

Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 05-06-2017 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer