Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Microexposición e Mostra de traxe tradicional galego en Pontevedra

Microexposición de traxe tradicional galego no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) de Pontevedra, dentro dos actos programados na mostra "SETE VARAS, UN REFAIXO" que organizamos desde a Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Estará aberta do martes 6 ó venres 9 de xuño.

Horario da exposición:
De 10.00 a 14.00 de Martes a Xoves.
O Venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.

O venres 9 está organizada unha mesa redonda ás 19.00h sobre “A situación actual do traxe tradicional”, onde coleccionistas e membros de diferentes asociacións falarán sobre este tema.

O sábado, día 10 de xuño, ás 21:30h terá lugar o desfile da Mostra de Traxe Tradicional “SETE VARAS, UN REFAIXO”, na que poderedes admirar máis de 45 traxes, todos eles antigos ou reproducións fidedignas de traxes antigos.

A mostra terá lugar nun marco incomparable, unha pasarela no Pazo da Deputación de Pontevedra, en Montero Ríos.
Nela amosaremos unha escolma de traxes de cerimonia, traxes domingueiros, traxes de loito e traxes de decotío, todos eles completos cos seus aderezos e complementos. Traxes propiedade da asociación na súa maior parte e tamén de coleccións privadas.

Por primeira vez en Galicia unha mostra desta magnitude, tanto na cantidade e calidade dos traxes, coma na posta en escena.

O obxectivo desta mostra é poñer en valor a nosa indumentaria tradicional, e colocala no lugar que merece, cunha pasarela no estilo dos grandes desfiles de moda. Todo isto cun compoñente didáctico onde se van explicar as diferentes pezas de cada traxe.

Agardámosvos a tod@s en Pontevedra!!
Estades tod@s convidados.
A entrada é de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2017 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer