Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Homenaxe a Narf en Boiro

Xa temos a todos os participantes na homenaxe a Fran Pérez NARF, entre todos, vos como público, é eles como ártistas, imos demostrar que querer e poder, e que non hai que pedir, nin sinalar a ninguén para faga as cousas por nos, o sábado 10 xuño é o día.

Participarán artistas chegados de diferentes puntos do globo, como o mozambicano Cheny Wa Gune, que ten compartido con el proxectos musicais, ou Joao Gentil desde Portugal; alén dos Chévere, compañía na que colaborou durante moitos anos, e outros artistas galegos como Uxía, Marcos Teira, Najla Shami, Guadi Galego, Ramón Orencio (Mr. Cool), Nastasia Zurcher, Barahúnda, Santi Araujo, Pepe Bao, Guillermo Cid, Aida Beiroa...

Fran Pérez sempre estivo disposto a sumar,a colaborar, a utilizar o seu talento para apoiar a todo aquel, ou aquela causa que o solicitase, o seu foi un traballo de constancia cunha idea clara "onde hai un artista, hai un oasis" foi un trovador, que reparteu o seu talento polo mundo adiante, sementando, coa sua guitarra, e a súa voz, utilizandoas como as armas máis poderosas para regala coñecemento, empatía, sensibilidade, paz, amor, alegría, todo a través da súa música... todos os valores polos que paga a pena vivir e loitar...por iso imos facer entre todos un día memorable, onde gracias ao maestro Rocha Jose descubriremos unha estatua no seu recordo, e na súa honra, que é a honra de todos...
#sempreFRAN ,#sempreNARF

Non hai nigún coste para os que as merquedes por aquí, e tamén hai un fila cero, para colaborar cos gastos,que rondaran os 20.000e, asumidos en principio pola pousada, e por todolos que asistan a homenaxe, todo o recaudado irá destinado a sufragar estatua+evento,por iso o imos facer entre todos.... precisamos que todo o barbanza asista , que toda Galiza asista, que Portugal asista,cando hai que estar, hai que estar!! demostra coa túa asistencia que che importan todos os valores que Fran nos transmiteu sempre...

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2017 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer