Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiro de afinado básico de gaita
-Está dirixido a gaiteiros/as que precisan adquirir un coñecemento básico sobre esta cuestión ou queren ampliar os seus coñecementos ao respecto.

-A orientación do curso é eminentemente práctica: o alumnado abordará a afinación do seu instrumento poñendo a proba os contidos teóricos a tratar tutelados polo mestre en todo momento.

-Máximo de alumnos: 12
-Duración do curso: 6 horas, repartidas en dúas sesións (mañá e tarde)

-Requisitos: instrumento e accesorios básicos (afinador, fío, navalla, lixa, celo, etc.)

PROGRAMA
-Introdución Factores implicadosAfinación natural vs. temperada.
-Afinación do roncón.
-Afinación da ronqueta e chión.
-Afinación xeral do punteiro.
-Afinación precisa do punteiro.
-Rogos e preguntas

O prezo (inclúe xantar) é de 25€ para os socios de Xiradela e 35€ para os non socios.
Para apuntarse só hai que enviar un mail a xiradela@yahoo.es onde se indicará o procedemento para o previo pago (imprescindible).

O prazo de inscrición é do 14 ao 18 de abril para os socios e do 19 ao 21 para non socios.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-04-2017 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer