Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foliada Ven respirar en Ourense
Este venres 7 de Abril no Grândola ven botar unhas bailas ó Venrespirar, contaremos co grupo ESTATALÁ+ Foliada.

Preparade o corpo para o baile que a música non vai faltar.
Estatalá é un proxecto no que se xuntan algúns dos instrumentos máis xenuínos do imaxinario da música popular de Galicia, agochados, durante moitos anos de"revival folk", trala sombra da gaita, a percusión e a voz.
Nace da procura dunha formación cun bo equilibrio acústico, que permita unha gran mobilidade para o concerto, a ruada, o baile, a alborada...
O estilo, de novo, a recreación de melodías, a saudade dun repertorio fermoso no baile e no canto, a creación de novas cancións, sen lousas nin ataduras neste ano 2017, desde o noroeste da península.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-04-2017 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer