Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XVII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo)
XVIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.

3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDEIRETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: trofeo e 200 € 2º premio: trofeo e 150 € 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: trofeo e 250 € 2º premio: trofeo e 150 € 3º premio: trofeo e agasallo

Premio ao mellor vestiario en cada categoría

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.

8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:

- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional. - A súa dificultade. - A afinación e a interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 9 de abril de 2017 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.

10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.

O prazo de inscrición remata o mércores 29 de marzo de 2017.

11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.

12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.

13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 9 de abril de 2017. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.

14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.

15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos: Tlf. móbil: 626 923 581 (mañá) / 698 179 264 (tarde) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-04-2017 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer