Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proxecto Punto e Volta
Entrevistas, bailes, música,...

http://puntoevolta.com

Punto e Volta é un proxecto audiovisual online que pretende radiografiar a situación da música tradicional galega a través das historias, das pezas e dos bailes das súas protagonistas. Elas son as nosas informantes: desde as persoas que aprenderon a cantar e a bailar no seo das súas comunidades até a rapazada que vive as foliadas como o mellor momento da semana, das profesoras que levan décadas recollendo e ensinando aos vellos que se están a iniciar, agora, no mundo da pandeireta.

En setembro de 2016 comezamos percorrer as aldeas e os barrios do país co obxectivo de explorar as mudanzas que experimentaron as nosas músicas de raíz: a evolución dos xeitos de transmisión, o por que da ruptura xeracional, a súa función social... Queremos saber se os roles de xénero propios da tradición se seguen a perpetuar nas escolas, entender de que xeito o ensino condiciona a evolución da nosa música, descubrir se hai espazo para crear e abrir novas vías a partir do legado cultural que nos deixaron. Tamén nos interrogamos acerca do papel da administración e abrimos de novo o vello debate dos arquivos como patrimonio individual ou social e colectivo.

Animámosvos a que compartades as pezas e os bailes que aquí vos traemos, a que discutades nas escolas os puntos de vista dos nosos entrevistados, a que vaiades recoller máis contos e novas músicas, a que vós mergulledes neste mundo se aínda non facedes parte del.

Nós, canto máis sabemos máis queremos saber. E a pesar das moitas preguntas que van xurdindo, cada vez temos máis claro o valor deste regalo que nos fixeron as nosas vellas e os nosos vellos e a responsabilidade que recae na nosa xeración á hora de manter aceso este lume. Que as que veñen detrás sigan quencendo, coma nós, á súa beira

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-02-2017 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer