Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Monográfico sobre o maneo (Vigo)
Sábado 26 de novembro ás 10:00h
Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).


O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).

A música sempre é interpretada por pandeiretas.

Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrastrados, con pausa e elegancia. Na súa forma máis común, o maneo faise en 2 filas, unha de homes e outra de mulleres, aínda que existen variantes no posicionamento do baile nalgunhas zonas.

Neste curso aprenderemos a:

Aprendizaxe de movementos no ritmo.
Diferenciación dos puntos segundo a zona á que pertenzan:
Erbecedo(Coristanco)
Limiñoa(Ponteceso)
Imende(Carballo)
Anxeríz(Tordoia)
Realización dunha estructura completa dun baile.
Os interesados poden poñerse en contacto no correo electrónico ofiadeiro@ofiadeiro.com ou chamade ó 629585355/986253585.

Uns poucos datos do Mestre, Javi Pose:

Empezou a bailar alá polo ano 1993 na Escola Municipal de Danza de Vigo con Wenceslao Cabezas (Polo), da que deu o salto á ACF O Fiadeiro, de Vigo 8 anos despois baixo a dirección de Francisco Javier Feijoó (Chisco), e anos máis tarde no grupo ?A Buxaina? de Coruxo.

Actualmente é membro da formación titular de baile da ?A.C. Xacarandaina? de A Coruña, e participa activamente no espectáculo ?O Poder do Arcabuz?, xunto a compañía ?Quique Peón Cia?.
En 2012 decide dedicarse por completo á docencia do baile tradicional, na ?ACF O Fiadeiro?, impartindo iniciación ao baile tradicional a nenos e adultos. Pouco tempo despois, en xuño de 2013, incorpórase como monitor de baile na ?AAVV Santa Mariña? de Cabral, e como director de baile da ?AC Os Muiños? de Oliveira, en Santiago de Oliveira Ponteareas e en 2014 comeza a dirixir a ?AC A Vella Barca?, do concello de Arbo e por fin, en 2016, toma a dirección do grupo ?Refaixos e Polainas? de Baldráns, parroquia pertencente ó concello de Tui.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-11-2016 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0