Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe ao gaiteiro (Vigo) |
|
 Desde o Grupo Etnográfico ?A Buxaina?, en colaboración co Centro Cultural e Recreativo de Coruxo (CRAC), comprácenos un ano mais presentar a ?Homenaxe ao Gaiteiro?, que acada xa a súa XXIX edición. O acto, que xa vén sendo na cidade un acontecemento anual de sona, terá lugar no auditorio ?A Fundación? (teatro García Barbón), o domingo 6 de novembro ás 19:30.
O obxectivo deste encontro é, sobre todo, homenaxear e poñer en valor a aquelas persoas que, de xeito altruísta, souberon conservar e transmitir a sabedoría do noso baile e música tradicionais. Trátase, xa que logo, de apreciar a quen soubo atesourar a identidade do noso pobo. Para isto, desta volta contaremos coa presenza da pandereteira Mercedes da Lama, e do mestre Manolo Solla, gaiteiro de Lavadores.
Ademaís, esta ocasión estará adubiada co saber facer de Begoña Riobó e Xosé Liz, compoñentes do grupo ?Riobó?, e músicos de recoñecido prestixio no ámbito do folk galego. Tamén contaremos coa presenza do ?Coro de Cantigas e Agarimos?, que nos fará gozar cun repertorio que forma parte da cultura musical popular galega.
A venda de entradas realizaráse no devandito CRAC de Coruxo en horario de 20:00 a 22:00 de lúns a venres e o sábado de 12:00 a 14:00.
O prezo da doazón deste ano é de 3? para os socios e de 5? para os non socios, xa que sen esta axuda a Homenaxe sería imposible de facer.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|