Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas
A Concellaría de Cultura convoca o XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas, o máis lonxevo de Galicia

O Concello destina 4.500 euros en premios
Poderán solicitar a súa participación no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos do Estado Español e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional, sen modificación de ningún tipo.

O vindeiro 24 de setembro un máximo de 12 grupos presentarán ás pezas no tradicional e prestixioso certame a realizar no Auditorio Municipal.

A data límite para presentar a solicitar a inscrición na cuadraxésimo novena edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas é o 13 de setembro de 2016.
O modelo está dispoñible no Departamento de Cultura ou na web, e dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas para a súa presentación.

Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición, debidamente cumprimentada, o enderezo e número de teléfono de contacto. A selección será por rigoroso orden de inscrición. A orde de participación no concurso será a correspondente coa orde de inscrición. O día 15 de setembro, o Concello resolverá a listaxe de grupos admitidos no concurso, notificándoo a todos os inscritos.
As bases tamén poden ser consultadas no Departamento de Cultura ou na web do Concello de Ponteareas.

Os grupos participantes estarán ás 16:30 horas da tarde do sábado, día 24 de setembro de 2016, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 17:30 horas terá lugar o XLIX Concurso de Gaitas de Ponteareas.

O Concurso de Gaitas de Ponteareas estará dotado dos seguintes premios:

1º PREMIO 1800,00 euros
2º PREMIO 1200,00 euros
3º PREMIO 900,00 euros
4º PREMIO 600,00 euros

O Concello de Ponteareas abonará a todos os grupos participantes, que non obteñan premio en metálico, a cantidade de 200,00 euros pola actuación realizada.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-09-2016 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer