Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X Concurso de Cuartetos Tradicionais (Luou-Teo)
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais
“X Concurso de Cuartetos Tradicionais”
(Luou – Teo)


1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
- Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico).
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohibido que os participantes concursen con máis dun grupo.

2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.

3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor, e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para cuartetos tradicionais galegos.

4.-O Xurado valorará os seguintes puntos :
- Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.

5.-O Concurso celebrarase o día 23 de Outubro de 2016 no Edificio Social de Luou, Teo.
O concurso só terá lugar sempre e cando se reunan un mínimo de cinco grupos participantes.
Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración cun límite máximo de 3 minutos para a afinación, unha vez posicionados no
escenario.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final comezará ás 18 horas. Unha vez situados no escenario, os grupos finalistas disporán de 3 minutos para a afinación de gaitas. Rematado este tempo, o cuarteto será avisado e comezarán a interpretación das dúas pezas elexidas, cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas
A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.

6.-A data tope de inscrición será o día 19 de Outubro de 2016.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal :
A. C. A Mámoa
“Concurso de Música Tradicional”
A Igrexa, 18 – Luou
15883 – Teo

Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa

7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos grupos seleccionados.

8.-A Organización establece 3 premios:
1 Premio – 1.000 € + Agasallo conmemorativo º
2 Premio - 600 € + Agasallo conmemorativo º
3 Premio - 400 € + Agasallo conmemorativo º

9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.

10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.

11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.

Observacións
- Os grupos participantes deberán presentarse no Edificio Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
- A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa
Telf.: 615 543 371 (Miguel) / 657 247 504 (Xandre)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-09-2016 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer