Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia (Illa de San Simón-Redondela)
Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia

Durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro levaranse a cabo na Illa de San Simón os obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional.

O mestres elixidos son : Javier Feijoo (Xisco), Davide Salvado e Pepe Vaamonde

A inscrición inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido.

Máis información na web sansimon2016.ga ou no teléfono 679 562 333

Durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro levaranse a cabo os obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional, impartido por mestres de reputado prestixio.

Dende a agrupación O Carballo das Cen Pólas comprendemos que Redondela e arredores está carente de referentes culturais que aglutinen a todo o tecido tradicional da bisbarra. As Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia porán en valor o noso folclore, na busca de facer de Redondela o punto de encontro e de divulgación dos nosos costumes, nun primeiro momento dos arredores, aspirando a ser un referente en todo o país.

Os obradoiros están enfocados a espallar entre os asistentes o produto das recollidas que dende hai tempo moitas agrupacións e folcloristas veñen facendo por toda Galicia.

Os alumnos das disciplinas de baile, canto e música deben ter coñecemento das técnicas tradicionais para que a transmisión dos coñecementos sexa eficaz. Para as técnicas de canto e gaita os alumnos deben levar o seu instrumento. As aulas desenvolveránse en sesións de mañá e tarde o sábado e de mañá o domingo.

O prazo de inscrición rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

A inscrición custa 130€, inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido. Os participantes poderán escoller entre os menús facilitados polo catering.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-08-2016 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer