Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V Memorial Antonio Fernández (Marín)

A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a figura do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o V Memorial Antonio Fernández, co fin de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

Como as pezas de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, por iso, o concurso de cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega, que se celebrará o Sábado 23 de Xullo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra, irá enfocado a estes pequenos artistas.

A data límite de presentación de solicitudes será o día 15 de Xullo

Categoría única: Entre 8 e 20 anos, ambos inclusive.

Premios:

Primeiro Premio: Trofeo e 200 €
Segundo Premio: Trofeo e 100 €
Terceiro Premio: Trofeo

*Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 € en concepto de achega para os gastos de desprazamento.

Ademais, xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, o día 10 de Xullo.

Mais información:

oschaneiros.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-05-2016 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer