Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obradoiros monográficos de Cultura Tradicional (Narón)
O Padroado de Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio.

Técnica de tamboril, baile tradicional agarrado, construcción de palletas e técnica de percusións de man.

O percusionista Miguel Anxo López impartirá técnica de tamboril, terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.

O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o obradoiro de baile tradicional agarrado dirixido polo mestre de Baile tradicional Gustavo Couto. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.

O cursiño de construción de palletas terá lugar os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 horas e o 17 de maio, de 10.00 a 14.00. @s participantes adquirirán coñecementos sobre os materiais necesarios para construír palletas e tamén o modo de elaboralas. O mestre será Jaime Pena, con ampla experiencia nesta temática.

As clases de técnica de percusións de man se desenvolverán os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 e o 17 maio, de 10.00 a 13.00-14.00 horas. O programa formativo destas sesións inclúe técnicas de pandeireta, pandeiro cadrado e pandeira, e abordarase tamén a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.

Os cursiños teñen as prazas limitadas. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 2 e 12 de maio –ambos incluídos- e deberá formalizarse no Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30, ou ben por transferencia bancaria, enviando un correo electrónico cos datos persoais e xustificante de ingreso ao correo: l.perez@naron.es.

O prezo de cada un dos cursos é de 25 euros para as matrículas ordinarias e 15 euros para @s alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Mais información:

Telf.: 981 391 144
Mail: l.perez@naron.es.

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 10-05-2016 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer