Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Concurso de canto e percusión tradicional Traspés (Vigo)
Neste concurso poderán participar grupos de asociacións sen ánimo de lucro

Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.
Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.
Cada participante non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.
É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

A peza a interpretar deberá ser tradicional.
Cada participante terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.

A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.

A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante

As categorías determinaranse pola media de idade dos compoñentes, e ningún deles poderá superar o límite da categoría en máis de dous anos.

A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).

PREMIOS

Categorías A e B:
1.º premio: trofeo e 300 €
2.º premio: trofeo e 150 €
3.º premio: trofeo
Accésit de vestiario en cada categoría: 50€

Categoría C:
1.º premio: trofeo e 1000 €
2.º premio: trofeo e 500 €
3.º premio: trofeo e 250 €
Accésit de vestiario: 150 €

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición rematará o día 6 de maio. Para inscribirse débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao
correo electrónico .
Haberá un límite de agrupacións por categoría que serán rexistradas no concurso por rigorosa orde de inscrición.
A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.

O concurso terá lugar o 22 de maio no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.
Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico ou carta.
O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.

Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2016 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer