Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Juanjo Fernández no Alalá de hoxe |
|
A historia do Alalá do martes 24 de Abril, é a dun mozo que naceu en Madrid e terminou dándolle á súa vida un xiro de 180 graos. Alí creceu cos seus amigos tocando a guitarra ou indo a ver o fútbol ao Santiago Bernabeu. Sen ningún tipo de vínculo con Galicia, aquel mozo fixo 19 anos e tivo que ir facer o servizo militar a León. Alí a vida de Juanjo Fernández cambiou para sempre o día que pediron no cuartel alguén que tivera algo de formación musical para acompañar a banda de cornetas e gaitas nunha xura de bandeira. Daquela Juanjo xa tiña algúns coñecementos musicais e ofreceuse para facer soar aquel instrumento galego que se tocaba parecido á frauta. O que non sabía é que no momento en que puxo a gaita enriba do ombreiro a súa vida ía cambiar radicalmente... ata converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia.
Despois de rematar o servizo militar, Juanjo Fernández volveu a Madrid, pero en pouco tempo foi esquecendo as cordas da guitarra e substituíndoas polo punteiro da gaita. Eran os anos 80 e facíase raro ver un rapaz polas rúas de Madrid cunha gaita ao lombo. Case sen decatarse foi facendo da gaita a súa forma de vida. Como músico de rúa tocou por moitos recunchos do mundo, Madrid, Barcelona, París? pero a Juanjo faltáballe algo e canto máis tocaba máis quería tocar. Tres anos despois de dar a súa primeira nota, aquel mozo decidiu deixalo todo en Madrid e vir a Galicia para cumprir o soño que o alimentaba desde que saíu da mili: ser gaiteiro.
Hoxe en día, despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos investigadores principais sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral ?toque pechado?, unha forma de tocar a gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir como galego e ser un dos mellores gaiteiros de Galicia.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
No Alalá de hoxe aparecerán imaxes dunha festa no Furancho de Balsa, onde r#blgtk08#emataron os gaiteiros e demais tropa con Juanjo montando unha boa foliada. |
|
|
Comentario por Henrique (24-04-2007 17:33) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|