Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX Noite de fiadeiro (Ramirás)
IX NOITE DE FIADEIRO 2015

Un ano máis volta Ramirás a Noite de Fiadeiro, que ao igual que o pasado ano se celebrará o derradeiro Sábado de Maio.

De novo retornaremos ao lugar orixinal onde naceu esta celebración, isto é, o Adro da Igrexa de San Andrés, que servirá como epicentro de todas as actividades.

Neste 2015 cúmprese a IX edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e incluso mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e Bar Gasolinera de Vilavidal; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

www.noitedefiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2015 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer