Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso de Percusión Tradicional en Ponteareas

Curso de Percusión Tradicional

Imparte: Ramón Corral Blanco
Horario: 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 (8 horas)
Prezo: 25 euros
Lugar: Auditorio Municipal de Ponteareas
Para inscrición: sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206
Data límite de inscrición: 25 de Xaneiro ás 00:00 horas.


* Este curso está orientado a persoas con nivel medio/alto relacionadas coa música tradicional. Todo aquel/a que asistise ó curso deberá levar tambor/bombo, ou ambos se tivera.
* Dispoñemos de BONO AGASALLO, para tod@s
os que queirades ter un detalle con alguén).

RAMÓN CORRAL BLANCO
Ramón Corral Blanco nace en Ortigueira (A Coruña) en 1989. Comeza a súa formación en percusión na banda de gaitas Xarabal á corta idade de sete anos.

Como integrante da devandita banda acode a importantes festivais por toda a xeografía peninsular e mesmo Francia. Participa no Festival Celta de Ortigueira, e no Festival Intercéltico de Lorient, nos que intervén como solista en diversos instrumentos de percusión.

No ano 2002 funda o cuarteto tradicional Anacos de Buxo, do que forma parte, e co que grava o disco “Sempervirente”, presentado na RTVG e en festivais, como o de Toxos e Xestas en Barcelona. Este cuarteto consegue numerosos premios en concursos de música tradicional.

Gañadores dos Concursos de Cuartetos de Ponteareas, o de Manuel Texo de Vedra, o de Musica Tradicional de Ortigueira, entre outros. Permanece no citado grupo ata o ano 2009. Membro durante tres anos do cuarteto Rédea Solta, co que gaña durante dous anos consecutivos o concurso de Ponteareas, amais de obter outros premios noutros certames.

Como percusionista ten acompañado a gaiteiros de recoñecido prestixio, entre eles, Pedro Álvarez Fariñas, Pablo Devigo, Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez… cos que tamén acada numerosos premios en varios concursos como: Gaiteiros solistas de Soutelo de Montes, Concurso Manuel Villanueva, ou no Concurso Manuel Dopazo…

Así mesmo, durante o ano 2010 é compoñente do grupo Pelepau. Dende o ano 2009 vén desenvolvendo o labor de artesán de gaitas na sé do Obradoiro Antón Corral.

Amais da súa tarefa artesanal, dende o ano 2011 ata o ano 2013 participa como profesor de percusión na banda de gaitas San Xoán do Centro Cultural de Paramos, e dirixe na mesma Asociación a formación musical do grupo de baile San Xoán.

Na actualidade:

- Colaborador de percusión na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo

Para inscrición, consulta ou dúbida contactade con nós:
sadeopandereteiras@gmail.com
692 892 206
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-01-2015 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer