Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo Cd-Dvd de Luar na lubre

O novo proxecto de Luar Na Lubre realizado coa Orquestra Sinfónica de Galicia estreouse no Pazo da Ópera da Coruña os días 21 e 22 de xuño de 2014. Tratase de Torre de Breoghán, unha ambiciosa proposta musical que inclue un espectacular directo onde se recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas. Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.

Un espectacular desplegue de medios que dispuso sobre o esceario máis de 100 músicos entre a OSG e Luar Na Lubre e se emplearon 15.000 watios de son, 130.000 watios de iluminación e 70.000 lúmenes de vídeo.
Para Bieito Romero, líder e fundador de Luar Na Lubre tratase dun “soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Tratase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical”.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-01-2015 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer