Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Edición de “Hai que cantar!” (Ourense)

Trala boa acollida do segundo encontro de cantos de taberna que tivo lugar na zona dos viños de Ourense o pasado 16 de maio, o grupo organizador (alumnos e alumnas do 2º curso do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP Farixa) pon en marcha a III Edición de “Hai que cantar!”.

Este venres 28 de novembro, o casco vello de Ourense será testemuña unha vez máis dunha actividade organizada por e para revitalizar a antiga tradición de “dar o cante nas tabernas” como décadas atrás o facían aqueles que nelas se reunían para desfrutar do bo viño da nosa terra entonando unhas cantigas cos seus.

Porén, arredor das oito da tarde, os grupos participantes arrancarán dende a Praza do Ferro un percorrido por varias tabernas da zona dos viños. Estas serán as mesmas que participaron na pasada edición:

BAR ORELLAS (Rúa da Paz), MONTECARLO, SOL, O RURAL, O COGUMELO e BAR PARÍS.

Ademais, ó igual tamén que no anterior encontro, contaremos co patrocinio de Viña Reboreda.

Vémonos nas tabernas!! ;)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2014 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer