Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas

O XLVIIConcurso de Gaitas de Ponteareas, levado a cabo este sábado en Ponteareas, foi o reflexo da extraordinaria calidade dos grupos participantes, un total de quince, que deleitaron ao público e xurado coa súa marabillosa interpretación das pezas do concurso. O xurado da XLVII edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas concedeulle o Primeiro Premio ao grupo “Virutas de Ébano” de Vigo. O dito cuarteto estaba composto por Jandro Bargiela, Lois Prado, Julia Feijoo e Jenny Prado. Este premio dotado de 1.800,00 euros, diploma e medallas conmemorativas contou co patrocinio da empresa “ ELECNOR”.

2º. premio
O Segundo Premio, patrocinado pola empresa “VIAQUA” dotado de 1.200,00 euros correspondeulle ao grupo “Bordón Grelado”de Vigo.

3º. premio
O Terceiro Premio, patrocinado polos empresarios e irmáns “Rodríguez Sobral” dotado coa cantidade de 900,00 euros, foi para o grupo “Lusco e Fusco” de Vigo..

4º.Premio
O Cuarto Premio, partrocinado polo “Concello de Ponteareas” por un importe de 600,00 euros foi para o grupo “Xente Nova” de Ferrol.

5º. premio
Na edición deste ano, contouse cun Quinto Premio, dotado dun lote de material musical doado pola empresa “Zinye Distribucións Musicais”, correspondéndolle ao grupo “Vedoira” de Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer