Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas
O vindeiro sábado 20 de Setembro, terá lugar no municipio de Ponteareas o XLVII Concurso de Gaitas que se celebrará no Auditorio Reveriano Soutullo a partir das 20.00 horas.

As inscripciones serán gratuitas e o prazo para inscribirse termina o 12 de setembro.

Os grupos participantes deberán presentarse o mesmo día do concurso ás 19.00 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas para percorrer as rúas interpretando melodías galegas ata o Auditorio.

Este ano se presentaronse 20 grupos tradicionais ao certame, dos que só 15 -por riguroso orde de inscrición-, pisarán o esceario por ser o número tope estipulado nas bases.
O XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas rendirá este ano homenaxe póstumo a Manuel Gutiérrez Zúñiga (Angoares 1918-2014), gaiteiro local falecido en abril deste ano, veciño moi querido e proxenitor do director da recoñecida agrupación folklórica Tremiñado.


As BASES son as seguintes:

XLVII CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS
1º.-Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional (sen modificación de ningún tipo).

2º.-As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o Departamento de Cultura Municipal dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán recibirse ata o día 12 de setembro de 2014. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición o enderezo e número de teléfono, segundo modelo de inscrición que se lle facilita. A orde de participación no concurso será de acordo coa de inscrición.

3º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo, incluído gorro.

4º.- O número máximo de participante será de quince grupos.

Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.

5º.-Os grupos participantes estarán ás 19:00h. da tarde do sábado, día 20 de setembro de 2014, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 20.00 h. terá lugar o XLVII CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS.

6º.-Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total dás dúas pezas será, como máximo, de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurris.

7º.-Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. O Xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.-Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional completo, incluído gorro.

9º.- A comisión organizadora aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros; cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.

10º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.



Premios do concurso

1º PREMIO 1.800,00 euros (Ven sendo patrocinado por Gas Galicia)

2º PREMIO 1.200,00 euros. (Ven sendo patrocinado por Aquagest)

3º PREMIO 900,00 euros. (Ven sendo patrocinado polos Irmáns Rodríguez Sobral)

4º PREMIO 600 euros. (Patrocina Concello de Ponteareas)

5º PREMIO Material donado po la casa Bannatyne Pipe Bags (foles)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer