Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Rabafolc (Rábade)

O Rabafolc cumpre 20 anos dando a saída ás festas de Rábade coa música tradicional galega
Os Minhotos presentan o seu disco 'Pinga d'auga' no Rabafolc.

Este ano o xoves 14 de agosto Rábade acollerá os concertos de Os Minhotos e Treixadura despois do pregón de Armando Morales a partir das nove do serán.


O Festival de Música Folc de Rábade cumpre 20 anos. Iniciado no ano 1979, coincidindo coa fundación da Asociación Cultural Chaira, coas actuacións de Adalberto Zurdo e a Asociación Cultural Penas de Rodas, este ano contará coa música dos Minhotos e Treixadura e o seu Orfeón o xoves 14 de agosto, despois de ver pasar pola localidade rabadense a Doa, Muxicas, Kepa Junkera, Berroguetho, Saraibas, Pepe Vaamonde, A Quenlla, Cuchufellos ou Estoupacaldeiros Rabade noutras edicións.

Este ano coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e da Comisión de festas o Rabafolc comezará ás nove do serán co pregón de Armando Morales e o estoupido de anuncio do comezo das festas de Rábade.

Tamén será recibido o Rei da Chaira coa segunda edición do CantamosCHA, unha quedada de músicos, aberto a “todos e todas as que saiban facer ruído ordenado”. “O maior festeiro do Imperio” será recibido ao son de catro pezas emblemáticas para a vila: “O Caneco”, “Quen teña viño”, “Muiñeira de Santo Amaro” e “Muiñeira de Lugo”. Os interesados poden inscribirse para recibir a camiseta conmemorativa.

Os Minhotos presentarán o seu disco “Pinga d’auga” antes do concerto de Treixadura co seu Orfeón co que se pechará o Rabafolc, pero non as festas de Rábade que continuarán co concerto da orquestra Olympus arredor da unha da madrugada e que se prolongarán ata o domingo 17 de agosto coa participación das orquestras Bohemia e The Boys Machine o venres 15 e Gran Vía o sábado 16 coincidindo coa tradicional Esbatuxada no río. Young Murallas Big Band ofrecerá un concerto na tarde do domingo 17 coincidindo co día da bicicleta que abrirá a Banda de Música Municipal de Rábade e Begonte á hora do vermú.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2014 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer