Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación de Elelelos en Bueu
Este venres, 27 de xuño, estréase oficialmente o proxecto Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu, en concerto. Será ás 20.00h, de balde, no Centro Social do Mar, no centro da vilamorracense.

O espectáculo estará centrado na interpretación das pezas do disco por parte dos músicos da Asociación Cultural Retrouso de Cela, responsables da iniciativa, aínda que, por ser a presentación oficial contará con varias sorpresas especiais.

A primeira será que haberá un recoñecemento público a todas e todos os informantes das que se recolleron as voces e pezas para compoñer o proxecto, facendo subir ao escenario aos que estean no evento para darlles de xeito simbólico o agasallo dun disco a cada un, como escusa para recibiren o aplauso e recoñecemento do público asistente.

Tamén, no transcurso do concerto, contaráse coa participación activa de tres dos infromantes: Paco Piñeiro e Seso Pesquella, que tocarán a filharmónica; e María do Caño, veciña da Illa de Ons, que interpretará unha peza acompañada por Guillerme Ignacio coa zanfona e outra máis coa súa pandeireta.

Agárdase unha grana fluencia de público, polo que se convida aos interesados a ir con certa antelación para poderen entrar. No caso de que se supere o aforo, a seguinte oportunidade de ver o espectáculo de Elelelos será o sábado 12 de xullo, no eirado de Cela, no Festival Retrouso.

Sobre Elelelos
O proxecto Elelelos contén dous discos. O primeiro é una escolma das recollidas de campo que os membros de Retrouso de Cela levan facendo a xente maior durante os últimos 15 anos en todos os recunchos de Bueu. Inclúe música de gaita, filharmónica, pandeireta e sobre todo moita música vocal. Cantares do ciclo da vida (arrolos, xogos) e do ano (reis, panxoliñas, cantares do entroido); un enorme repertorio de cantares e tocatas para o baile... Unha compilación que chega aos 47 cortes e que pretende achegarao público en xeral e aos estudosos en particular a achegarse ás músicas de raíz deste pequeno pero interesante concello morracense.

O segundo disco é un tributo de Retrouso tanto ás músicas do concello de Bueu coma aos seus portadores, os informantes. Nelhai 14 pezas tradicionais reinterpretadas por músicos da agrupación de Cela, e conta tamén coa participación especial de María do Caño, grande cantadeira da Illa de Ons que interpreta un antigo romance acompañada da zanfona de Guillerme Ignacio.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2014 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer