Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Homenaxe a Treixadura


Que mellores embaixadores para levar por Galicia adiante esta nova edición das “Mil festas máis para a lingua galega” que Treixadura? O seu galeguismo musical – estético e de dignificación do cancioneiro popular- é un modelo a imitar, como no seu día foi o exemplo de Xoán Montes, Pascual Veiga, os grandes compositores que tivo o noso País, ou Perfecto Feijóo, o iniciador da escola orfeonistica que en Galicia tivo tanto predicamento nas sociedades culturais e recreativas do primeiro terzo do século XX.

“Treixadura” será homenaxeado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia nun acto que se celebrará o próximo día 20 ás 20:00 horas no auditorio municipal de Vilagarcia que inclúe un concerto deste grupo musical. Entrada de balde.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2014 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Que mellores embaixadores dicides?

Non o teño claro.

Independientemente dos seus traballos e da súa calidade musical, que ninguén pon en dúbida, cantos d#blgtk08#e Treixadura falan galego na súa vida diaria? Moitos deles non o fan.

Mil festas máis para a Lingua Galega?

Que comecen a aplicarse o conto eles mesmos.
Comentario por Óscar (23-06-2014 16:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer