Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noite de tasca en Ordes
6º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"
EN ORDES
VENRES 6- XUÑO-2014


A festa comeza pola tarde, cuns obradoiros na Alameda, para achegar o noso folclore ao público de tódalas idades.
A partir das 18:30 h, os alumnos e compoñentes da Asociación Cultural CAMIÑO REAL DE POULO, dirixidos pola mestre HELENA NOYA, levarán a cabo un obradoiro de baile galego.

Tamén estará na alameda, o músico e artesán OLI XIRÁLDEZ, cun obradoiro de "Enredos sonoros" no que ensinará a fabricar diversos instrumentos musicais de xeito moi sinxelo e divertido.

Un pouco máis tarde, ás 20:00 h, diante do Museo do Traxe, haberá outro obradoiro de música e baile tradicional a cargo dos mestres JUAN PENA e BEA GARCIA, da Asociación Folclórica SEMENTES DA ARTE.

E a partir das 21:30 h,... máis de 25 grupos de música e baile tradicional repartiranse polos bares de Ordes para logo xuntarse todos, a partir das 12 da noite, e desfrutar dunha gran FOLIADA final que terá lugar arredor da cervexaría ISLIA (na Rúa Ramón Ferreiro, 2)

Importante: O sorteo dunha gaita do Obradoiro SEIVANE comezará ás 12 h da noite no ISLIA e sacaranse boletos ata que apareza o afortunado gañador.

ESTADES TODOS CONVIDADOS... VIDE TOCAR CON NÓS!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer