Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Concurso de galiteiros solistas `Os Dezas de Moneixas´ (Lalín)

I CONCURSO DE GAITEIROS SOLISTAS: Memorial “Os Dezas” de Moneixas

BASES:

1. Poderán participar todos os gaiteiros e gaiteiras de calquera zona de Galicia sen acompañamento.

2. Só se admitirán gaitas de estética tradicional sen importar a tonalidade.

3. Valorarase positivamente aos participantes que vistan o traxe galego, aínda que non é de carácter obrigatorio.

4. A idade mínima de participación é de 15 anos sen límite. Seleccionaranse por orde de inscrición un máximo de dez participantes. A organización informará por teléfono aos seleccionados unha vez rematado o prazo de inscrición.

5. Os que desexen participar no concurso deberán poñerse en contacto a través de:

- teléfonos: 661288280 – 652263857 – 615468586
- no correo lotaboadarozas@hotmail.com

Non se admitirán modificacións respecto a folla de inscrición. O modelo de inscrición e a partitura da canción obrigatoria estarán á disposición dos interesados no blog moneixas14.blogspot.com.es, e deberán enviar toda a documentación ao correo anteriormente mencionado.

6. O prazo de inscrición remata o 27 de xuño ás 20:00 horas.

7. O concurso terá lugar en Moneixas (Lalín) o día 12 de Xullo de 2014.

8. O concurso dará comezo ás 13:00h. Os participantes seleccionados deberán presentarse ao pé do escenario as 12:30 e confirmar a súa participación.

9. A orde de actuación será segundo a orde de inscrición.

10. Disporán de 6 minutos nos que interpretarán obrigatoriamente XOTA DE CRUCES, (partitura dispoñible en facebook) composta polos “Dezas” de Moneixas e outra/s peza/s libre/s. Penalizarase o exceso de tempo cun punto por cada vinte segundos.

11. Premios:

1.º Premio, dotado con 250€ e trofeo2.º Premio, dotado con 100€ e trofeo3.º Premio, dotado con 50€ e trofeo

12. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional galega e por un representante da organización (con voz, pero sen voto). As decisións do xurado serán inapelábeis.

13. O xurado valorará os seguintes aspectos:

- A afinación do instrumento- A claridade e dificultade da interpretación- A estética no escenario

14. O gañador ou gañadora repetirá unha das súas intervencións como remate do concurso.

15. A participación no concurso implica a autorización aos membros da organización para publicar fotografías de carácter informativo na páxina web, no periódico ou outros medios similares.

16. A inscrición no concurso implica a total aceptación das bases.

http://moneixas14.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-06-2014 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer