Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIX Xantar Gaiteiro (As Pontes)
A Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera.

Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!!

A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes.
Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha programación completa e interesante. Convidade aos voso amigos a que pasen esta xornada con todos nós, teremos charlas, exposicións, visitas, música e por suposto o xantar.

Programa:

11.30 horas . Exposicións e charla no Mercado Vello a cargo de Berros do Castro e da AGG

12.30 horas. Visita Guiada á Praia do Lago (Sairá un bus do colexio Santa María, para asistir é preciso inscribirse)

13.30 horas. Pasabares polo centro da vila

14.45 horas. Xantar na carpa instalada no Colexio Santa María

*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos e lugares). Será preciso inscribirse para facer á visita guiada á Praia do Lago
Para asistir ao XIX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 20 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán.

DATA 23 de marzo de 2014
14:45 horas

LUGAR Colexio Santa María
Praza de América s/n 15320 As Pontes ( A Coruña )

MENÚ
Sopa
Cocido
Freixós, requeixo da Faeira e Mel de Boente
Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO
O prezo é de 21 euros por persoa que serán entregados ao entrar (10,5 € para nenos menores de 12 anos).

RESERVA
secretaria@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Teléfono 986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2014 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer