Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Curso de maneo en Ramirás
Os días 23 e 30 Marzo tedes a oportunidade de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá.
A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela na web de Rebulir a partires do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes.


O mestre será Javier Sanmartín, que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histórica agrupación compostelá ata o ano 2012. Actualmente dirixe un dos mellores grupos de baile tradicional do país, A Pontevella de Teo, con que leva gañado numerosos premios e mencións, destacando os 5 primeiros premios consecutivos no concurso Azaloira de Bandeira, e participación no festival de Lorient en 2012. Tamén é director do grupo Tequexetéldere da Estrada, de recoñecido nivel. As súas espaldas ten un amplo currículo de recollidas de campo por todo o territorio, especialmente na Costa da Morte, o que o converte na persoa idónea para impartir este curso.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-03-2014 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer