Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival infantil de música e baile tradicional (Cangas do Morrazo)
Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión “peixe de hoxe”, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.

A finais do pasado ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego.

Dende a asociación estamos a organizar a que será a nosa primeira actividade aberta ao público: “Peis d’hos. Festival infantil de música e baile tradicional”. Este evento terá lugar o vindeiro sábado 1 de marzo a partir das 18h. no Auditorio de Cangas e queremos convidarvos a que asistades e veñades disfrutar das actuacións de:

- Lina e Lola (O Morrazo)

- Retrouso de Cela (Bueu)

- Xacarandaina (A Coruña)

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-02-2014 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer