Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cofinanciamento para nova edición do libro Os instrumentos musicais na tradición galega
Este proxecto editorial aborda a terceira edición do libro Os instrumentos musicais na tradición galega que estará limitada a 300 exemplares, numerados e asinados por Pablo Carpintero.

O libro de 23,5 x 24,5 cm. estará impreso a toda cor, consta de 456 páxinas e contén 1000 fotografías e debuxos descritivos.
Conta co aval da UNESCO e das tres universidades galegas.

É unha obra científica que describe e documenta 144 instrumentos musicais e útiles sonoros tradicionais da música galega. Achega a súa clasificación no sistema científico máis empregado en occidente, o de Hornbostel e Sach.
En 2010 recibiu o premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio e Pablo Carpintero foi elixido pola Unesco para formar parte do comité de doce persoas de todo o mundo, encargado de escoller as obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

http://www.verkami.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-02-2014 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer