Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornada de Percusión na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade)
A AGG organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha xornada de percusión na Casa da Gaita, na que ademais haberá tempo para lembrar ao insigne gaiteiro Ricardo Portela, primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

O programa será o seguinte:

10:30 h Charla: “Análise dos patróns rítmicos empregados na percusión tradicional galega no século XX”. Cristian Silva

11:15 h Charla: “A orixe da percusión tradicional galega”. Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

12:00 h Descanso

12:15 h Mesa Redonda: “Percusión Tradicional; presente e futuro” con Xaquín Xesteira “Xocas”, Francisco Estévez “Chuco” , Xosé Lois Romero e Cristian Silva

13:15 h Charla – Concerto: “Ricardo Portela, clase e mestría. Un antes e un despois no eido da gaita galega” con Álvaro Novegil

Previo á charla sobre Ricardo Portela, poderemos escoitar a Xan López compañeiro da Xunta Directiva da AGG xunto con Portela, unhas verbas sobre o seu amigo e compañeiro.

A inscrición será gratuíta e deberá facerse a través do teléfono 986 84 70 74 ou secretaria@gaiteirosgalegos.com

Lugar: Casa da Gaita, Lugar de Quintán 3, Viascón - Cotobade (detrás do bar Casa Manolo)

Posterior á xornada, organizamos unha comida en Casa Manolo consistente en sopa, cocido, bebida, postre e café por un prezo de 10€, poderá asisitir quen o desexe previa reserva.

Unha xornada que non ten desperdicio, na que a aprendizaxe e a troula están garanrizadas, non faltedes!!!

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-12-2013 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer