Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
II Xornadas arredor da Música Tradicional (Compostela) |
|
II Xornadas arredor da Música Tradicional
Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.
Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.
Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha intensa programación, moi completa e interesante, que vos amosamos a continuación:
SÁBADO 16 DE NOVEMBRO
Mañá
10:30 h. Acto de apertura das Xornadas
11:00 h. Ponencia I : A gaita na música barroca de Galicia. Fernando Reyes
12:10 h. Descanso
12:30 h. Ponencia II: Algunhas aportacións sobre a zanfoña e os músicos cegos ambulantes. Pablo Quintana
Tarde
16:00 h. Ponencia III: Gaitas de Fole em Portugal - Miranda, Minho e Coimbra: estamos vivos! Jorge Lira e Gonçalo Cruz
17:10 h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional
Acordeón tradicional e folk galego. Alejandro Balbuena
O Cego de Padrenda Manuel Paz
Juan Bello Mallou - O gaiteiro das Casas Novas. Alexandre Cadarso ?Cano?
18:00 h. Descanso
18:15 h. Ponencia IV: A Gaita e a Chifla na provincia de León, Luis Mondelo e Rafa Busto
22:00h Foliada na ?Nave de Vidán? (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44 ? Compostela)
DOMINGO 17 DE NOVEMBRO
Mañá
10:00 h. Ponencia V: ?Non se toca cunha man?toques de pandeiro. Luís Prego
11:10 h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional.
Xogos Musicais. Luís Prego
Homenaxe Germán V. Soneira. O gaiteiros dos Hnos Lamas. Jose Mª Cebeiro e Xose F. Noia Souto
11:40 h. Descanso
12:00 h. Ponencia VI: ?Organoloxía popular catalana. Agrupacións elementais e formacións complexas. Xavier Orriols
Tarde
16:00 h. Ponencia VII: Os cegos músicos na comarca da Limia. Cástor Castro
17:10 h. Ponencia VIII : A incorporación da gaita á música de cámara. David Bellas
18:20 h Descanso
18:30 h Concerto: As formacións da gaita en Galicia ao longo da historia. Pablo Carpintero e Luís Mondelo
19:30 h : Remate das Xornadas
LUGAR
Auditorio CGAC
Rúa Valle Inclán s/n
15704 Santiago de Compostela
INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou do teléfono 986 84 70 74
O prazo de inscrición rematará o 14 de novembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.
Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.
PREZO DA MATRÍCULA
Socios da AGG: 5 ?
Outros : 10 ?
FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto ? II Xornadas de Música Tradicional? e o nome completo da persoa.
Non faltedes!!!!!
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|