Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Escola de música tradicional Virxilio Fernández (Coral de Ruada - Ourense)
ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL VIRXILIO FERNÁNDEZ

Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos Ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional ?Virxilio Fernández?, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:
?
Esta escola está organizada pola Coral De Ruada.

?
Poden participar mulleres e homes cunha idade mínima de 10 anos.

?
As clases terán lugar no local de ensaio da Coral De Ruada, situado no ático do teatro Principal, na rúa da Paz, nº 9.

?
Terá lugar os martes de 18,00 a 20,00 horas.Dependendo do nivel previo dos alumnos, poden organizarse en dous niveis: inicio (de 18,00 a 19,00 horas) e perfeccionamento (de 19,00 a 20,00 horas).

?
Daranse clases de gaita galega e percusión (tamboril, bombo, pandeireta e pandeiro).

?
As clases serán impartidas polo gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), membro do Grupo de Música Tradicional ?Gomez Mouro?, gaiteiro e compositor do Cuarteto de Gaitas ?Abelente?, director da Agrupación de Gaitas ?De Pé Feito?, membro do Cuarteto de Gaitas ?parDpar?, etc.

?
Os interesados en participar deben dirixirse aos teléfonos: 654 173 524 (Gonzalo) ou 657 677 411 (Emilio). Tamén poden enviar un correo electrónico á dirección seguinte:info@coralderuada.com

?
Teremos unha reunión con todos os interesados o martes, 1 de outubro, ás 18,00 horas (no teatro Principal) para falar da organización do curso e con vistas a comezar o martes, 8 de outubro.

http://www.coralderuada.com/

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0