Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Clases de canto e pandeireta de Xirandela (Madrid) |
|
 O vindeiro martes 12 de novembro comezan as clases de canto e pandeireta con Xurxo Fernandes na A.C. Xirandela. As clases seran todo-los segundos martes do mes, cunha duracion de duas horas e media e un prezo de 81 euros para non socios e 60 para socios o trimestre. Prazo de inscricion aberto ata o 11 de outubro.
Xurxo Fernandes empeza a súa aprendizaxe na música e no baile tradicional aos catorce anos, indo polas aldeas de Galiza na busca de xente maior que lle transmitise os seus coñecementos musicais.
pasou por diversos grupos de musica e baile patrimoniais, entre os que destacan Xacarandaina, Trebón e Radio Cos.
Durante dous anos dirixiu e presentou a sección "Recollidas", no programa Luar da Televisión de Galicia, un espazo dedicado a espallar e dignificar a música popular das aldeas.
No eido didáctico ten impartido cursos de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións do país, así como en Bélxica, Francia, Brasil, Venezuela e outros países.
As clases por mor de non ter local propio,impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.
Para apuntarse e demais informacion podedes poñervos en contacto con nos a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou no 617506064/679674417.
As prazas seran limitadas (grupos reducidos).
Esperamos-vos
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|