Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Clases de gaita galega de Xirandela (Madrid)
O vindeiro sábado 23 de novembro comezan as clases de gaita galega con Pablo Carpintero na A.C. Xirandela. As clases serán un sábado o mes, cunha duración de tres horas e un prezo de 165 euros para non socios e 135 para socios o trimestre. Prazo de inscriciòn aberto ata o 11 de outubro.

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música.
Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evalúa a inclusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, Os instrumentos musicais na tradición Galega, que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio.
Pablo Carpintero é gaiteiro desde hai máis de 35 anos. Domina tamén a percusión masculina e feminina, o canto tradicional, así como a requinta, o acordeón, a trompa e o rabel entre outros instrumentos musicais, tendo impartido numerosos cursos de todos estes instrumentos. Como gaiteiro está especializado na recuperación dos repertorios e dixitacións antigas, sendo, ademais, constructor de gaitas, requintas e percusión.
Pablo Carpintero é membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos, da comisión permanente do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanalmente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á nosa música de tradición.

As clases por mor de non ter local propio, impartiranse, grazas a sua colaboracion, na escola de folklore de Plaza Castilla.

Para apuntarse e demais información podedes poñervos en contacto con nós a traves de infoxirandela@gmail.com , por mensaxe privada no facebook ou nos telefonos 617506064/679674417.

As prazas seran limitadas (grupos reducidos).

Esperamos-vos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 08-10-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0