Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pesdelán en Pontevedra

SESIÓN DOBRE E DE BALDE

Pesdelán ensinará a bailar a todos os públicos este domingo na Illa do Covo


O vindeiro domingo día 6 de outubro os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés na pontevedresa Illa do Covo ao tempo que nos divertimos sen importar a idade, condición física ou experiencia que teñamos. Este proxecto cultural, de enorme éxito desde a súa creación, chega á cidade do Lérez para nos amosar outra perspectiva á hora de asistirmos a un espectáculo. Ademais de escoitar, participaremos nel. E por partida dobre.

Así, na Illa das Esculturas de Pontevedra (Illa do Covo), o vindeiro domingo día 6 ás 13:30 horas

Pesdelán animaranos a bailar e cantar no seu obradoiro de baile tradicional, para ás 18:30, volver ao mesmo escenario xa cun concerto no que poder bailar o aprendido pola mañá. Para todos os públicos e con entrada de balde, será un xeito novidoso de pasar a fin de semana en familia. A
proposta está inserida no programa 'Faiponting' e forma parte das actividades do 'Picnic' dese día
6, co obxectivo de ofertar unha forma diferente de vivir a cidade de Pontevedra.

Deste xeito, a Illa do Covo acollerá a maiores, pequenos e mozos/as, que poderán gozar, e por partida dobre, do bo facer de Pesdelán á hora de dinamizar grupos de persoas a través da música tradicional. Este proxecto de música para baile pretende cambiar o concepto de público espectador
polo de público participante e leva vendidas máis de 4.000 copias do seu primeiro disco 'Na punta do pé'.

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao grupo de persoas asistente, pretende recuperar o espírito participativo das
festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade: substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.

Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos unirnos á festa. Acompáñana un grupo de grandes músicos e músicas que interpretarán as melodías tradicionais para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0