Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Premios Galegos da Música
Xa está aberto o prazo para inscribir os vosos proxectos nas 13 categorías. Podedes facelo ata o 20 de outubro incluído.

Os Premios Galegos da Música nacen para recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas; revelar novos talentos e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.

A Convocatoria irá destinada a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano 2013: grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia, ou fora de Galicia, pero por músicos galeg@s. A inscrición para conseguir a nominación aos premios será libre e gratuíta.

Os proxectos que opten aos Premios Galegos da Música, deberán ser inscritos para competir nunha das seguintes categorías.

Mellor Proxecto Musical Galego de Pop e Indie.
Mellor Proxecto Musical Galego de Rock, Blues, Funk e Soul.
Mellor Proxecto Musical Galego de Metal.
Mellor Proxecto Musical Galego de Hip Hop e Músicas Urbanas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Reggae, Ska e Mestizaxe.
Mellor Proxecto Musical Galego de Electrónica.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Clásica e Contemporánea.
Mellor Proxecto Musical Galego de Jazz e Músicas Improvisadas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Tradicional Galega.
Mellor Proxecto Musical Galego de Folque.
Mellor Proxecto Musical Galego de Músicas do Mundo. (Flamenco, MPB, Músicas Balcánicas, etc...)
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Infantil.
Mellor Proxecto Musical Galego de Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena.

www.premiosgalegosdamusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2013 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0