Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A volta de Nova Galega de Danza

Dez anos de danza son os que Nova Galega de Danza quere celebrar cun espectáculo no que repasar unha década e tres producións dunha danza que quería seguir o modelo da música folk: desde o tradicional buscar outros camiños. Dez estrearase o día 27 de setembro no Teatro Rosalía da Coruña.

Para un dos seus integrantes, Jaime Pablo Díaz, facer unha antoloxía «é un xeito de regresar aos mellores momentos da compañía, de escoller o mellor de cada un dos tres traballos e de facer un percorrido por todos eles». Aínda sendo unha antoloxía, a nova produción do grupo no que tamén está Vicente Colomer, terá un fío condutor de xeito que o espectador «encontre un continuo, que o vexa como un todo».

Foi no 2003 cando naceu Nova Galega de Danza, estreando cun primeiro espectáculo para completar nestes dez anos unha progresión que define a estética do grupo. Alento, Engado e Tradicción son as tres montaxes de Nova Galega de Danza que, segundo Jaime Pablo Díaz, responderon a «tres momentos distintos da compañía e aínda mantendo a coherencia entre uns e outros si que se notan os cambios e progresos que fomos facendo».

O coreógrafo define os tres traballos como un camiño no que se foi depurando a danza. «No primeiro, Alento, estábamos obsesionados con dicir moitas cousas, con meter moita información». No segundo, Engado, producido no 2006, «foi más tranquilo, máis repousado, no que apareceron formas de jazz». O terceiro, Tradicción, estreado no 2008, Díaz sinala que foi o espectáculo «no que demos coa nosa identidade como un deseñador que encontra a súa marca».

Nese proceso de tres espectáculos en dez anos cre o bailarín que hai unha constante, «depuramos moito a forma de traballar, case como se tivésemos que ir quitando cousas en lugar de poñelas».

Sen embargo considera que os obxectivos non cambiaron para a compañía. «A nosa intención foi sempre partir desde a danza tradicional para chegar a outro tipo de danza». Engade Díaz que eles non fan tradicional, pero que quere «partir sempre da tradición». Reivindica que, en máis dun sentido, Nova Galega de Danza iniciou un modo de traballar que está sendo utilizado por máis xente, como pode ser o caso de Quique Peón». Entende o coreógrafo que hai aínda moito camiño por percorrer nese sentido porque en Galicia «hai un patrimonio moi rico, tan rico que non temos nada que envexar ao de ninguén».

Sinala que a súa intención é manter os seus sinais mesmo «en tempos complicados como os de agora, que sabemos que son malos para celebrar cousas». Pero tamén apunta que a súa intención é «manter a mesma liña e levar a música en vivo, que é algo que nos parece fundamental para o tipo de danza que facemos». Asegura que a intención de NGD é «investigar máis no contemporáneo e tentar traballar con coreógrafos de fóra porque son necesarias outras olladas que sumen ao que facemos».


Actuacións Xira Dez

Setembro

27 e 28 Teatro Rosalía Castro, A Coruña

Outubro

15 Teatro Principal, Santiago de Compostela
26 Auditorio Municipal Mera (Oleiros)

Novembro

2 Auditorio Municipal de Vilagarcía
16 e 17 Real Coliseo Carlos III de San Lorenzo do Escorial (Festival Madrid en Danza)

Decembro

Decembro 14 Auditorio Municipal de Narón
Decembro 21 Teatro Principal, Ourense

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2013 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer