Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do concurso de gaitas de Ponteareas
O auditorio Reveriano Soutullo albergou o domingo a celebración do Concurso de Gaitas de Ponteareas, unha cita habitual no programa festivo da vila que alcanzou a súa 46 edición e referéndao ano a ano como o certame de música tradicional galega con máis soleira.

O xurado acordou conceder o primeiro premio ao grupo A Folla da Edra, de Ponteareas.
O cuarteto formado polos gaiteiros Juan Carlos Iglesias Esperón e Alberto Coya Otero, o tamborilero Marcos Pérez Saborido e o bombeiro Miguel Fraguas López, levou o galardón dotado con 1.800 euros.

O segundo, dotado de 1.200 euros, foi para o grupo Virutas de Ébano, de Vigo.

O terceiro clasificado foi o grupo Picuiña, de Marín, que logrou os 900 euros destinados a este posto.

O cuarto premio, cun importe de 600 euros, foi para o grupo Vedoira, de Lugo.

O certame engadiu nesta edición un quinto galardón dotado cun lote de material musical doado pola empresa Zinye Distribucións Musicais, que o xurado decidiu destinar á formación Xente Nova de Ferrol.

O Concello de Ponteareas dedicou o concurso a Manuel Zúñiga Pereira (1904- 1982), gaiteiro de recoñecido prestixio «que levoua a nosa música tradicional a todos os recunchos da comarca do Tea e do Condado». O seu fillo, Manuel Zúñiga Trigo, recolleu o diploma honorífico co que o concello quixo acreditar o seu labor.

Na xornada participaron un total de quince grupos; o número máximo de acordo coas bases, quedando fora catro.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2013 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer