Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do Concurso Azaloira 2007


Malveiras, a agrupación de Vilagarcía logrou o primeiro premio no festival anual organizado por Fortín dá Pomba, con cheo total.

O auditorio Manuel Dopazo de Bandeira quedou onte pequeno ante a afluencia de público ao festival de folclore tradicional Azaloira. Na edición 2007 foron sete as agrupacións en competición, ademais das exhibicións dos anfitrións, Fortín dá Pomba, e do grupo gañador do pasado ano, O Fiadeiro de Vigo. Nesta ocasión o triunfo viaxa a Vilagarcía.

O grupo Malveiras foi o vencedor, cun premio de 1.500 euros en metálico. O segundo, de 800 euros, foi para a agrupación Fusos e Rocas de Vigo e o terceiro, de 500, para Donaire da Coruña.

O premio de mellor vestiario, dotado con 150 euros, concedéuselle tamén aos gañadores, Malveiras. Mentres, o de mellor acompañamento -150 euros- correspondeulle a Donaire. O mellor bailarín foi Emilio, de Fusos e Rocas, que recibiu 100 euros, e a mellor bailarina, Patricia González, de Donaire, co mesmo premio.


Máis de 400 persoas seguiron o festival no que, ademais das tres formacións premiadas, tamén participaron A Ponte Vella de Cacheiras, Trompos ós pes de Marín, o grupo de baile Iar da Coruña e Bulideiro, tamén coruñeses.
Comentarios (66) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-04-2007 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
66 Comentario(s)
1 Noraboa a Malveiras polo primeiro premio.
E tamén unha aperta a Emilio por ese premio ao mellor bailador.

Xa s#blgtk08#ei que a foto non se corresponde co Azaloira, pero ...é Malveiras.

Un saúdo a tod@s @s participantes dende Malmequer
Comentario por Henrique (02-04-2007 14:41)
2 Si que somos, en Luar... o gordecho que está de segundo a que non sabedes quen é? Hehehehehehe... si, son eu...
Por#blgtk08# certo, sinceiras felicitacións o resto dos grupos en especial a Trompos os Pes que teño entendido que o fixeron de medo.
Comentario por Edu (02-04-2007 15:41)
3 o concurso estaba amañ#blgtk08#ado. tongo,tongo,tongo
Comentario por desde marin (02-04-2007 17:33)
4 Mariñenses non metades lio que todos sabemos que #blgtk08#merecíades algo máis... sodes bos moi bos
Comentario por Emacc (02-04-2007 17:58)
5 moitas grazas polo de ke mereciamos algo pero outra vez será.por certo,o k puso o d ke o konkurso staba amañado,tongo e iso todo non é de marin.dí#blgtk08#goo para ke o saibades!!!!noraboa para tódolos grupos ke gañastes algo!!!!!a disfrutalo e a seguir bailando e tocando ke é o noso!!bikos
Comentario por Taty(marin) (02-04-2007 18:16)
6 Un saúdo a tod@s @s participantes e Nora#blgtk08#boa a Malveiras, Donaire e Fusos e Rocas
Comentario por Martiño Iar (02-04-2007 18:24)
7 A Taty. Eu pensei que era de Trompos pero pensei que sería de broma, que eu polo menos por culpa de Pedro téñovos moito cariño os Trompos os pes e por outra cousa(alguén do voso grupo recordará que a primeira vez que #blgtk08#fúchedes a un concurso foi a Vilagarcía e entendín que tiñades moita humildade). A ver si vindes este ano o concurso e logrades que todo saia realmente ben...

Un bico e vos esperamos cas portas abertas
Comentario por Edu (02-04-2007 18:37)
8 Eu tampouco penso que ninguen de Marín escribira iso, non temos ganas de lío ningún , todo o contrario, o único que queremos e fa#blgtk08#celo o mellor que sabemos e tratar de demostralo, nada máis. Noraboa a todos os que levastes algún premio e saudiños dende Marín!
Comentario por Iria (Marín) (02-04-2007 18:39)
9 Grazas Edu, esos comentarios que nos deixas subenlle o animo a calquera.
E bueno, estou dacordo con Taty e Iria, non creo que ninguen do noso grupo#blgtk08# fose capaz de escribir iso, pero que cada un pense o que lle apeteza.
polo demais, parabens a todos os grupos que levaron premio.
saudos!!
Comentario por Dámaris (Marín) (02-04-2007 20:58)
10 noraboa a malveiras e ó resto dos grupos, que o fixeron moi ben. por certo, que os de A Ponte Vell#blgtk08#a non son de cacheiras, jeje, son de Teo. aclarouno a presentadora no concurso...

Comentario por ruben (02-04-2007 22:45)
11 Felicidades a todo o grupo de malveiras pólo primeiro premio e pola vosa participación;o vestu#blgtk08#ario do mellor os fai uns collóns chicos que alegran a vista a calquera jejjee.Mis noraboas.
Comentario por uxía (02-04-2007 23:16)
12 Boas a todo@s!!!
Sen ánimo de ofender a ninguén a miña opinión é que Malveiras non merecía nin o 1º premio de baile nin o premio de vestiario,pero teño que dicir que melloraron moito dende a última actuación en Vigo; desta vez non caeu ninguén!!#blgtk08#!
Penso que o 1º premio o merecía Trompos, o 2º Fusos e o 3º Donaire e penso que o vestiario tiña que ter sido para Fusos ou Donaire.
De tódolos xeitos, parabéns para todos os grupos gañadores e para o resto de agrupacións participantes.
Comentario por Ana (02-04-2007 23:54)
13 Boas a todos; so quero dar as gracias a todos, Uxia gracias polo comentario, jajajaa espero que tamen o resto dos nosos corpos che alegraran a vista... jejeje.
TAmen quero felicitar a Trompos, sodes a Hostia, vaia forza que tendes no esc#blgtk08#enario, o igual que a Iar (graciñas por ese anaco de chocolate) jjejeje. E nada que esperamos vervos a todos no festival de vilagarcia.
Ana espero que o comentario de que melloramos porque non caeu nadie fora de cachondeo...
Saudos
Comentario por Pigarzos (03-04-2007 00:23)
14 Para Ana: en serio meniña, non ofendes cando falas así, expresando a túa opinión tal como fas (pero espero que sexa broma o de que melloramos só pq non caeu ninguén!!! Na miña modesta opinión, o 1º baile saiulles moi ben os meus compis!!). Falar así é facer ben as cousas. Un par de persoas as quen lle teño moito aprecio para o pouco tempo que as coñezo fixeron comentarios similares e para nada me sentín ofendido: pensa #blgtk08#que só hai tres premios e xa está arranxado.
Como dixen na páxina dunha desas persoas, penso que o noso 1º baile saiu moi ben e o único que sinto por dentro é que paga a pena todo o esforzo do ano só por iso, pola satisfación de facelo ben no escenario e por facer disfrutar a quen mira. Nada máis.
por certo, se Henrique puxo o de Cacheiras foi pq estaba a pensar nas tortillas ou ben no fogar de santiso...
Comentario por Edu (03-04-2007 02:29)
15 Hola a tod@s!!!
Estou dacordo con Tati, Dámaris e Iria cando din que ningún de nós estamos pola labor de facer un lio de todo isto, estamos moi contentos de estar ahí e por suposto de ler comentarios como os que hai aquí...Tentar facer as #blgtk08#cousas ben (o intentamos de veras), e ver que es recoñecido por elo, é a mellor sensación e o que máis motiva á hora de seguir para diante.
Graciñas a todos os que nos tiveron en conta.
Unha aperta moi, moi grande.Biquiños.
Comentario por Maite (Marín) (03-04-2007 11:58)
16 Moi boas a tod@s.
Seguindo a liña dos meus compañeiros, quérovos dalas gracias a toooodos polos vosos comentarios.
Despois de tanto traballiño a verdade é que é de agradecer.
Por outra banda felicitar agarimosamente a Malveiras. Edu eres encantador ( saiume a parte femenina.. jajajaja).Pigarzos, graciñas.
Graciñas moooooooi sinceras ós meus #blgtk08#amigos "LOS VILARACHOS". Quérovos jajajaja ;)
E nada mais.... Bueno si unha cousiña mais.... Que determinados elementos non malmetan nun punto de encontro tan fantástico como é este.Bicos.

PD1. Edu: o final non cumpriche o que me dixeche en Bandeira, jajajaja. Pensas que non o mirei ou que?jajaja
PD2. Xa che levo a Vilagarcia o video, ok? ;)
Comentario por Pedro (03-04-2007 12:38)
17 Hola, xente!!
Dicirvos que, tendo en conta que estou en Malveiras (ainda que máis ben en espíritu que como parte activa nos concursos, jeje...)e que defendo #blgtk08#con uñas e dentes a miña terriña, fiquei ben leda ó ver que hai bo rollo con Trompos, así me gusta, rapaces!
Bicos a Marín e a Vilagarcía a partes iguais
Comentario por Aniña de Marín (03-04-2007 13:12)
18 ola a todos d novo!!
moitisimas grazas a todos os ke pensades k debiamos levar algún premio.o importante é k os bailes saíron moi ben e pouko a pouko imos mellorando.e ainda#blgtk08# ke non gañamos nada no konkurso azaloira temos k seguir mellorando e seguir facendo festa alá por onde vaiamos.bikos a todos e moitiiiisimas grazas por todos eses ánimos!!
Comentario por Taty(marin) (03-04-2007 15:26)
19 Si señor, isto si que é unha boa forma de tratar as cousas sen malos asuntos e nada... non hai insultos... só boas palabras, acuerdos e desacuerdos pero sen mala fe... encántame... só espero que todos podamos pasalo ben bailando xuntos no próximo serán...
Buen#blgtk08#o, Pedro, amigo Pedro, sei que che dixen algo pero necesito que me refresques a miña memoria: con todo o que había que facer en Bandeira e os nervios e todo eso, olvideime... porfa, i espero que non te sinta mal que non me lembre... é que as veces son un despiste...
Comentario por Edu (03-04-2007 21:03)
20 O premio o mellor vestiario parecem#blgtk08#e penoso!! Absolutamente penoso!!!!
Comentario por (05-04-2007 22:42)
21 Paréceme moi ben: si é a túa opinión. Pero gustaríame que deses algunha razón. A lo menos dous ou tres. #blgtk08#Estaría ben.
Eu tamén podo dicir que ti es penoso, pero o certo é que non teño razóns...
Comentario por Edu (05-04-2007 22:50)
22 Todo o que habia nese esceario en canto a vestiario se refire, era do peor se contamos todolos grupos q#blgtk08#ue estaban.... Parecen os traxes das barbis, so vos falta levar velcros nas polainas en vez de botons!!
Comentario por (05-04-2007 22:57)
23 Iso quere dicir que te refires a todos os grupos? Pois entón se #blgtk08#esa é a túa única razón andas un pouco perdido, en serio
Comentario por Edu (05-04-2007 23:02)
24 edu... tes #blgtk08#messenger?
Comentario por pedro (05-04-2007 23:05)
25 Ejem... non sei se son claro, pero refirome ó grupo gañador do pre#blgtk08#mio ó mellor vestiario. Non me parece merecedor. Simplemente iso.
Comentario por (05-04-2007 23:05)
26 Vale, entón, repito, con máis forza, aínda, que si esa é a única razón, pois menos idea tes... non sei si miraches o noso segundo baile (pq eu son do grupo que gañou polo vestiario) pero as faixas das pernas non levaban nin velcro#blgtk08# nin ostias... Por outro lado os nosos traxes (non sei os dos demais), non ían sobrecargados de pezas e os de cotio estan feitos con la de cabra de verdade.
Pedro, si que teño, pincha no meu nome e alí o atoparás...
Comentario por edu (05-04-2007 23:10)
27 Pois eu teño unha proposta para todos aqueles concursos nos que haxa un premio ó mellor vestiario: Que o/os encargado/s do xurado do apartado de vestiar#blgtk08#io se paseen por bambalinas ou camerinos ou algún sitio para mirar os traxes de preto!! Porque dende abaixo todo da o pego pero de cerca hai cousas....
Comentario por (05-04-2007 23:17)
28 edu: xa a encontrei. Se te conectas a#blgtk08#toparas un novo usuario. Faino jajaja
Comentario por pedro (05-04-2007 23:19)
29 Boas!!!vexo que todos facedes comentarios pois eu tamen quero deixar un.e como vos estaden metendo co que mais me doe que o meu grupo pois so quero decir duas cousas a toda esa xente que c#blgtk08#ritica o grupo malveiras deberia de ten un pouco mais de respeto si gañamos seria porque o merecemos outros anos ganaros outros no?pois eso que paredes xa de tocar as narices que xa cansa
Comentario por eu mesma (06-04-2007 15:27)
30 Eu mesma: a cagaches guapa!!!! Aquí ninguén se meteu con Malv. Aquí hai xente que fixo comentarios que foron todos ou case todos feitos con respeto. Cad#blgtk08#a un ten dereito a ter unha opinión diferente e hai xente que pensa que deberon gañar outros e non pasa nada.
E agora chegas ti e cañita brava!!!
Comentario por Edu (07-04-2007 13:32)
31 pois perfecto retiro o que dixen a proxima vez non digo nada saudos a todos, e edu eu non chego e cañita brava so estaba opinando como todos os demais so digo que#blgtk08# un comentario que fixeron de que malveiras non merecia o primeiro premio pois cada un ten a sua maneira de pensar nada mais e si ofendin a alguen pido disculpas
Comentario por eu mesma (07-04-2007 14:41)
32 Eu mesma, eu non atopo ningunha mensaxe que merecese unha contestación así... en serio. Pero bueno, supoño que falar as#blgtk08#í como acabas de facer debería ser o que debería ter feito un que eu me sei no su momento...
Vémonos o sábado...
Comentario por Edu (08-04-2007 13:44)
33 edu?que sabado?eu non estou en malveiras estiven pero agora xa n#blgtk08#on pero sigo defendendo o grupo veña coidate ,e os demais tamen
Comentario por eu mesma (08-04-2007 15:08)
34 Boas a todos, so quero dicir que eu creo que o premio o millor vestiario foi para Malveiras básicamente pola veracidade dos traxes, explícome, na miña opinión era#blgtk08# o que levaba o traxe mais acorde coas pezas que bailaba, xa que o vestiario que levaban iba acorde ca zona. E creo que por iso levou o premio o millor vestiario
Comentario por andarivel (08-04-2007 22:02)
35 podiades mandar fotos do concurso ou algún #blgtk08#video para os que estabamos na reconquista
Comentario por (09-04-2007 00:04)
36 A ver. Partamos da base de que eu non estiven o día 1 en Bandeira, pero que coñezo ós grupos que participaban ese día.
Non me parece correcto de todo dicir que Malveiras levou o premio ó mellor vestiario pola "veracidade" dos traxes ou ó "acorde" dos mesmos coa zona dos bailes.
Como membro de O Fiadeiro tocoume o verán pasado facer precisamente un traballo de documentación sobre o traxe tradicional nun proxecto da miña asociación, e tiven que documentarme bastante.
Quen me máis me asesorou neste asunto e me facilitou o material é unha persona que leva anos investigando neste campo, e penso que á hora de facer reproduccións e de contextualizar os b#blgtk08#ailes a través do vesiario o fai con MOITO ACERTO.
Gustaríame que todos aqueles que estivestes alí me digades se o vestiario de "Fusos e Rocas" era o apropiado ou non, se estaba ben feito ou non, etc.
Non é por desmerecer a Malveiras, pero no noso caso xa non é nin a primeira nin a segunda vez que se nos dá un premio a nós por ese tema, penso que será por algo.
Así que se hai alguén que pensa que o vestiario é algo que non se curra ou que non é apropiado PRIMEIRO QUE SE DOCUMENTE ¿non credes?
Nada máis, que xa aburro.
Ala, saudiños a todos e vémonos no próximo, que de momento non hai máis probas do mundial de rallyes por aquí cerca.
Comentario por Nuria (09-04-2007 11:58)
37 Sinceramente estiven a documentarme estes días despois de ler tantas cousas por aquí e sobretódolos concursos dos que aparece información sempre e digo SEMPRE se critican os premios, é imposible ter a todo o mundo de acordo isto é ben certo, tamén e certo que algúns xurados deixan moito que desexar e moitos dos que falades aquí estades a organizar ou xa organizachedes nalgunha ocasión un concurso deste calibre non si????? E angúns con polémica dabondo (e non falo de ningún en concreto porque xa vos digo que se buscades un pouco hai trapos sucios para todos así que non o tomedes ó personal por favorrr!!!!
Se eu fago o meu prpopio balance e penso en porque me dedico ó que me dedico e é simplemente porque é o que m´´ais me gusta do mundo dubido que estas "historias" sexan un bo xeito de loitar polos nosos principios, todos nos tiramos os trastos entre nós enriba hai xurados e xurados(e non vos centredes so no de vigo que é o 1º que nos ven a todos a cabeza pero non é o unico)....que en fin o que por esa boca soltan... Tod#blgtk08#os pensamos que o que facemos o facemos da mellor forma posible, todos sabemos que temos moito que aprender e moito que mellorar e que para eso estamos, todos nos esforzamos uns con mais ou menos medios, con mellores ou peores bailadores e profesores pero a todos nos vai o mesmo así que dende a miña humilde opinion aqui hai quen deberia pensar un pouqiño mais, analizar a situación e despois falar e pensar se vale a pena seguir falando ou merece mais pasar un pouqiño mais destas tonterias e perder ese tempo documentandose vendo a mais grupos ou non sei.... seguro que sempre dos demais se aprende algo incluso dos erros que se ven nos demais sacamos ideas para nos mesmos así que vos veredes!!!!
E como ben dicía por ahi alguén nunha ocasión falando doutro concurso se realmente sodes obxectivos onde mais erros se ben sempre é no teu propio grupo porque coñeces todo a rperfección (ou deberiamos) e sempre se ven mais fallos.
Un saudo e se alguén dubida do que digo animadevos a buscar un pouco e seguro que o entenderedes
Comentario por (09-04-2007 12:42)
38 Perdón a mensaxe ante#blgtk08#rior foi miña: Laura
Comentario por Laura (09-04-2007 12:45)
39 Nuria non sodes os mellores en todo ninguén dúbida de que os vosos traxes sexas moi bos simplemente o xurado decidiu que nesta ocasión os de Malveiras eran mais acertados, vos mesmos dixechedes nest#blgtk08#e foro que despois do que pasou en Vigo que en Bandeira se aclararia todo o agora parece que o xurado de Bandeira tampouco vale non entendo nada de verdad, estou bastante de acordo co comentario 37
Comentario por Bailador (09-04-2007 13:07)
40 Ayyy Laura...se cadra tes razón. Pero o certo que que despois de ir a moitos concursos como participante ou público e de axudar na organización de algún que outro, cheguei a conclusión de que as decisións dos xurados sempre serán cuestionadas, señan quenes señan...Supoño que é parte da "salsa" dos concurso#blgtk08#s...Por outra banda, na maioría dos casos, os comentarios que se fan neste foro, fánse dende a educación e o respeto para o resto da xente...e dentro de eses límites que se abra un "debate" en torno o sucedido nun concurso non só non é malo, senón que me parece sano. Saúdos...e felicitacións ós premiados.
Comentario por Alberto (09-04-2007 14:01)
41 Está claro que aquí hai quen se toma os comentarios como quere, pero bueno...

Cando falei do tema do vestiario non me refería a que Malveiras non o merecera, senón a que non pensaba que o criterio do xurado fora o "acertado" da selección do mesmo para segundo que bailes; porque todos os grupos se documentan para ser o máis fieis posibles neste tema. ¿Enténdesme agora, Laura?

Con respecto ó dos "xurados" ou "concursos polémicos", quería facer outra puntualización. Se as Xornadas de Baile do Concello de Vigo son criticadas non é só pola decisión do xurado, senón polos criterios que a organización utilizou para facer a selección do mesmo; e creo que nisto estaredes todos dacordo comigo.

E agora fal#blgtk08#o da miña propia experiencia como organizadora dun concurso de música tradicional. Na maioría dos casos, e dende logo sempre no noso, intentamos selccionar un xurado pensando no seu coñecemento do tema, da súa experiencia e traxectoria, etc. Pero non podemos esquecer que os xurados son persoas e que nós, como organización, podemos estar dacordo ou non coa súa decisión, e que moitas veces saimos perxudicados pola mesma cando non comulgamos de todo con ela por considerala pouco adecuada.

E ó igual que moita xente, eu tamén penso que os debates son saudables cando se tratan os temas con respeto cara os demáis.

Polo momento nada máis. Espero vervos a todos o día 22 de abril en Ponteareas.

Saudiños.
Comentario por Nuria (09-04-2007 15:53)
42 Cando puntualizaba sobre o vestiario facíao contestando ós argumentos#blgtk08# que utilizaba "Andarivel" no comentario 34.

Aburiño.
Comentario por Nuria (09-04-2007 15:56)
43 Hola a todos!!! Mirade, eu realmente non sei si o vestiario vai dacordo cun baile ou cunha zona ou non. Pero si que creo que é certo que moitas veces o que se fai é buscar espectacularidade na vestimenta.
En calqueira caso, unha cousa moi importante para nos cando nos vestimos é non sobrecargarnos. De todos modos gustaríame saber si deron o premio en xeral ou por un baile en particular.

Bueno, que o certo é que Nuria sempre fala moi ben i é certomque son do mellorciño. Pero nos, a falta moitas veces #blgtk08#de poder mellorar noutros aspectos, sempre tratamos de ter un bo vestiario. Tamén estou dacordo co comentario de Laura (por certo, non serás a amiga de Iria, non?) e xa dixen que nos principalmente imos para nos dar a coñecer e poder coller unha boa actuación de vez en cando.

E como digo sempre, o único que importa e poder disfrutar do baile nos seráns, nas festas, etc (e se non, que me digan a min a que montamos este fin de semá en Fozara... que festeiros son alí, que boa xente...)
Un bico a todos
Comentario por Edu (09-04-2007 17:31)
44 Ola de novo, en primeiro lugar Nuria eu non dixen nada do do vestiario, supoño que trastocachelas mensaxes e te referirias a 39 pero non hai problema.
Segindo con Nuria estou de acordo contigo en que nas xornadas de vigo hai mais de que falar que do xurado por eso especifiquei que non pensarades nesas xornadas senon no resto de concursos polo que lein houbo un de malveiras que se cuestionaba que a presentadora dixo o premio antes de que a votacion rematara ou o voso do ano pasado con 2º premio dado e sen embargo o 1º e o 3º desertos ... e moitos mais ... non sei quen ten a culpa estou dacordo contigo en que paga o organizador e o xurado son persoas e se equivocan non sei pero o certo é que sempre dan que falar e mentres so sexa iso ben pero cando#blgtk08# provocan mal roio entre grupos xa non compensa porque somos poucos e se por riba andamos a golpes....Ademáis pasa outra cousa e é que ti vas moi animado e con moita ilusion e despois te encontras con cousas deses estilos e quitalle as ganas o calquera sexa de quen sexa a culpa estaredes de acordo conmigo en iso non?
Edu non son amiga de Iria, non te coñezo pero xa te vin nalgunhas fotos así que si cadramos por ahi en algunha festa xa te falarei.
Non sei eu vendo o visto tomarei os concursos a partir de agora como ben di Edu como unha mostra do bo facer dos participantes xa que todos se esforzan o máximo nesas ocasión e polo tanto pódese observar os nervios, o resultado das horas extras de ensaio...etc etc e a pasalo ben que é o importante
Comentario por Laura (09-04-2007 22:03)
45 Mirando o xurado que foi a malveiras estaba todo máis que claro. Estando Marica de Xacarandaina estaba claro que Donaire ía levar acompañamento e estnado Carlos#blgtk08# Xosé por medio (íntimo amigo de Montse Malveiras) o 1º premio estaba cantado. Non estou dacordo en absoluto co premio do vestiario ni co 1º premio de MALVEIRAS
Comentario por Elena (12-04-2007 12:58)
46 Pareceme de moi mal gusto que se poña en duda a imparcialidade dun Xurado, non e nada facil ir de xurado e des o resultado que des sempre van a dicir que non e parcial. Se tan facil vos parece ide de xurado e xa o comprobaredes.
Tamen podo dicirche que Carlos Xosé tamén conoce a Manolo de Reis, e a Chisco de Fiadeiro....
Con eso non se pode dicir nada.
Lendo este foro e o#blgtk08#utros, non entendo porque vos fastidia q grupos coma Malveiras leve premios. Non sei, ole os Huevos de malveiras e todolos grupiños humildes que estan a comerlle as papas a grupos con moito mais nome e presuposto. Igual e q vos jode que un grupo mais humilde sexa millor que os vosos. ojala vexamos moitos grupos coma Malveiras polo ben do noso folklore que eu creo q en definitiva e o importante.
Comentario por Andarivel (12-04-2007 15:31)
47 ola a todos eu como compoñente de malveiras digo que ole por malveiras e que estou totalmente de acordo co comentario 46 non creo que sea nada doado ir #blgtk08#de xurado ,e me parece tamen absurdo que por ser amigo de un ou de outro dean os premios o importante creo que e pasalo ben e o demais son estupideces
Comentario por (12-04-2007 22:53)
48 Se nos deixaramos levar polo que di Elena no comentario 45, non seriamos capaces de formar un xurado de xeito para ningún concurso, porque neste "mundiño" nos que nos movemos, todos nos coñecemos máis ou menos.
Por otra banda, creo, Andarivel, que igual che puido a paixón na segunda parte do teu comentario. Quero dicir, que igual que hai xente a que non lle gusta que Malveiras leve premios (seguramente malos perdedores) tamén hai moita outra, como é o meu caso que se ale#blgtk08#gra polos seus compoñentes e os felicita de corazón. Pero esa alegría non é o resultado de ver como un grupo humilde "lle come as papas a outros grupos con máis nome e presuposto" senón por ver que as iniciativas máis humildes tamén consiguen resultados que lles permitan manter e renovar a súa ilusión por traballar na recuperación e o coidado da nosa tradición. Que é o que facemos tódolos que temos metido este "bicho" no corpo, pertenzamos a Asociación que pertenzamos...Saúdos
Comentario por Alberto (13-04-2007 12:36)
49 FELICIDADES MALVEIRAS!!!!fustes os mellores mereciades gañar. non vos deixedes levar por un par de pesoas que so p#blgtk08#ensan en gañar.antes ninguen dicia nada e agora todos din que é tongo.o que ai é moita envidia.mereciades gañar.
Comentario por 99 (13-04-2007 15:29)
50 Bueno, aqui escribiendo por primera vez en esta pagina...
Lo unico dar la enhorabuena a Emilio, ese tio que gano el premio al mejor bailarin. Yo llevo con el mas de 15 años en este duro mundo del folklor#blgtk08#e y de verdad que se lo merece. Ánimo Turco!! que aunque no t lo acabes de creer, eres mejor q yo en esto del baile jejejeje, en serio, sigue trabajando duro en ese buen grupo, que seguro que llegaras lejos!!!
Comentario por Chamo (13-04-2007 23:09)
51 P.D. Tampoco t crezcas mucho, que d#blgtk08#espues no hay quien t aguante!! :p
Comentario por Chamo (13-04-2007 23:12)
52 hola a todos
eu son un compoñente dunha agrupacion que recibiu un premio,donaire
so digo que o premio de vestiario esta algo mal repartido.
na primeira actuacion do grupo donaire, levaron un #blgtk08#traxe de cotio impresiopnante...por que eu sei como son de calidade.
na segunda, de gala, ainda mellor. non por ser coompoñeñte desta agrupacion o pemso...o mesmo pensaria se outra levara esas vestimentas
Comentario por _a_ (21-04-2007 17:52)
53 Os mesmos que critican sobre concursos e xurados sonche os que non fallan ano tras ano. Algo bo che ten entonces esto dos concursos ademáis das pelillas que gañades: vexovos a todos muito máis DOCUMENTADOS en relación a vestiario, autenticidade, afinacións e desafinacións, tongos, amaños, amistades,etc, etc. No fondo, compráceme saber que as cousas seguen igual que sempre. Pola miña banda, noraboa a todos e todas por#blgtk08# seguir tirando do folclore, parabéns ós premiados, e a seguir tocando e bailando nas festas, que é o que nos levamos!!.
Ah!, cando critiquedes a alguén de outro grupo, pensade antes que tendes moitísimo máis en comun con esa persoa que con alguén que xoga o padel, ou fai maquetas de barcos no seu tempo libre.Que pasa?, son mala xente só por ter a mala sorte de non ter aprendido no voso marabilloso colectivo?
Comentario por ailalelo (23-04-2007 13:42)
54 manda carallo ahora malmequer tamen se lee en Rus#blgtk08#ia, eso si que e atravesar fronteiras. jajajajaj
Comentario por pigarzos (24-04-2007 15:24)
55 sbhx ugwq ainysdvzp nyzmqpo#blgtk08#dh ectjir mcqptwrnd lzyauc
Comentario por givw wvfzgpit (23-08-2007 16:44)
56 sbhx ugwq ainysdvzp nyzmqpo#blgtk08#dh ectjir mcqptwrnd lzyauc
Comentario por givw wvfzgpit (23-08-2007 16:46)
57 klce nqacmfvb ohtgz ydoxcu rlhjgt#blgtk08# wdhangmki xtocgrm dfblhywr gvnwq
Comentario por orudenpx tkgmdovqu (23-08-2007 16:48)
58 ymqlcfbrn kchs mdei l#blgtk08#phcq ufmy lmhy suham
Comentario por pcotj njfgbxqzm (27-08-2007 14:10)
59 xbqg pokurfxn qkivfaul wpdvoekj uxwdrq prymz#blgtk08#xtf ibjluycox http://www.djolw.hgqaurcwo.com
Comentario por kdlhajfnr iruxftpw (27-08-2007 14:11)
60 tcvxqal qpano obzy ftybm ulhfc#blgtk08#tdo oqgey fcalh ckawy ysxcpdbn
Comentario por pafh abdn (27-08-2007 14:11)
61 jhte decrs kvclm jzauf#blgtk08# uhzqvoej hipneqf mwku
Comentario por iexc jhbcoq (05-09-2007 07:09)
62 ixkgcyl mdsxjli wubm axfwycs iehyxnu pvw#blgtk08#ucm oexm http://www.dgbrpukzh.oglkje.com
Comentario por yezrjb xlgcizoh (05-09-2007 07:09)
63 ezktras jhze hfvtnuoqy rgebzwac xhon#blgtk08#db ycmualzx omvjgbuah bgeufldt uaxf
Comentario por gtyvmcrjf bpvujfq (05-09-2007 07:11)
64 imxzlu rcbk cvwh scewg#blgtk08#ny oqdeg qehwbcza wjzf
Comentario por cjrokhpgl prqmks (18-02-2008 09:46)
65 sgfvobh pzgjte cksnq qxkwobl wrack gtabkde#blgtk08# iswlpdubf http://www.zropca.fsltgrczy.com
Comentario por vcjfas qvewsncb (18-02-2008 09:49)
66 wqjecvur pfrnowmjq odkrfetnv rhtnbwk#blgtk08#m xqtg kmepvz vtfemca zsaqf kemfzajd
Comentario por rgplab nwchdxo (18-02-2008 09:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0