Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Romaría tradicional da montaña en Bustelos (Fornelos de Montes)

Somos da comisión de festas dunha pequena aldea ó pe da Serra do Suido (Bustelos, Estacas, en Fornelos de Montes, a uns 36 kms de Vigo) e tentamos recuperar as nosas tradicións, non queremos festas patronáis sen alma.
Deste xeito, as festas patronáis de San Caetán en Bustelos (o martes día 6 de agosto) voltarán a ser o que foron, unha romería popular de montaña.


Haberá un gran desafío de Regueifas a partires das 22,30 no torreiro cos nosos amigos os mestres regueifeiros Luis "O Caruncho", Bieito Lobariñas e Xosiño da Teixeira, e logo gaitas, baile e festa rachada, co palco aberto a todo o que queira tocar e aportar. Tamén teremos pulpo e carne o caldeiro pero sobre todo moitos desexos de darlle a volta a rutina (e o secuestro) das nosas festas.

Estamos na loita pola recuperación das festas tradicionáis e patronáis da nosa terra, secuestradas e aldraxadas por xente sen alma. Se os fora posible agradecíamos a vosa axuda coa publicación da nosa convocatoria, estades ademáis invitados a participar nela.
Moitas grazas e unha aperta.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Vaia, para non perdelo !!, poderíades decir por #blgtk08#favor cando é a data da Romaría?
Graciñas
Comentario por LuaMeiga (06-08-2013 10:39)
2 Hoxe martes #blgtk08#6 de agosto
Comentario por Henrique (06-08-2013 10:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer