Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festixeve 2013 (Xeve-Pontevedra)

A “Verbena Galega” aterra no Festixeve con moita música na nosa lingua

A “Verbena Galega” chega ao Festixeve o 2 de agosto con Pandeiromus, A Tuna Rastafari, Nonito Mondosonoro e Isabel Risco e moito máis no Campo do Vilar. É a nova data atopada despois de adiarse a causa da traxedia de Angrois.

Serán máis de cinco horas de música en galego, cunha verbena na que Pandeiromus, A Tuna Rastafari, Nonito Mondosonoro como picadiscos e o humor de Isabel Risco están nun programa que ofrece música e moi bo ritmo nunha aposta pola presenza da nosa lingua nas festas tradicionais.

O tráiler da Verbena Galega chegará ao Campo de Vilar de San André de Xeve coa lenda que conduce a este proxecto ideado por Culturactiva: “as festas de sempre como nunca se viron”. Cun novo formato, no que a distribuidora ofrece un “todo incluído” ás comisións. Despois de Lugo e Monforte, con Ribeira e outras localidades no horizonte, a Verbena Galega chega a Xeve ofrecendo varias horas de música con todos os sons acaídos para unha festa, desde o tradicional, á pachanga, con picadiscos de música galega e fogos de artificio.

"Pack cultural en galego"

O “pack cultural en galego” quere que a nosa lingua regrese a un espazo no que, sobre o escenario, estaba a ser especialmente esquecida. “Démonos conta de que a música en galego estaba relegada a festivais e programacións especiais mais estaba ausente das festas tradicionais. Pensamos que sería estupendo que a xente volvera bailar con música galega nos torreiros e se nos ocorreu facer un pack que levase xa o tráiler e os equipos de luz e sons, como as orquestras mais cunha proposta galega. Asimilamos a proposta da verbena habitual só que, neste caso, a música é en galego” explica Manuel Vicente, produtor de “Verbena Galega”.

Un tráiler con 40.000 w de son e 100.000 w de iluminación visita nestes meses de verán os campos das festas cunha proposta como as de sempre, mais como nunca até agora se viu. O 2 de agosto a posibilidade de vivila está no Festixeve.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-08-2013 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer