Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
O certame de baile tradicional galego Azaloira celebrará o vindeiro domingo día 16 de xuño a súa décimo terceira edición, consolidado xa como un dos concursos con maior nivel e prestixio do panorama galego.

A cita, organizada pola agrupación Fortín da Pomba, celebrarase no auditorio Manuel Dopazo a partir das 18.30 horas coa participación de seis agrupacións:
- Malveiras, de Vilagarcía;
- Trébede, de Marín;
- A Ponte Vella, de Reis-Teo;
- Traspés, de Vigo;
- Donaire, de A Coruña;
- Os Xeitosos de Trazo.


Tamén pasarán polo escenario os integrantes do grupo anfitrión e da súa escola, cos integrantes máis novos.

O primeiro premio ten unha dotación de 1.200 euros, o segundo de 700 (antes eran 800) e o terceiro de 400 (antes de 500). Os tres grupos tamén levarán os trofeos coas Azaloiras, nome que se lle da ás bailarinas tradicionais vestidas de gala.

Os grupos participantes deben ser mixtos (con 5 parellas como mínimo), bailar dúas pezas de 7 minutos máximo cada unha, e contar con acompañamento en directo e traxes tradicionais.

O xurado estará formado por tres recoñecidos membros do folclore galego a a concelleira de Cultura como secretaria, sen voto.

Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-06-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Como espectadora non estou para nada de acordó cos premios de onte, para min claramente os gañadores eran Traspés, seguidos de Trébed#blgtk08#e e A Ponte Vella como terceiros. Aínda non entendo que puido pasar cando a maioría dos espectadores tiñamos claro o primeiro posto.
Comentario por (18-06-2013 01:13)
2 fiuuu, non se pode d#blgtk08#esaiunar con viño!
Comentario por (18-06-2013 11:57)
3 Ti non te confundirias e fuches ver o concurso das vacas que h#blgtk08#abia en Silleda? Porque igual te confundiches de concurso....
Comentario por (18-06-2013 12:17)
4 Eu tamen tiven ali toda a ta#blgtk08#rde e mereceuno Malveiras!!
Comentario por (18-06-2013 17:31)
5 E estabamos todos os do#blgtk08# publico dacordo, jaja
Comentario por (18-06-2013 17:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer